900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Xornada sobre as oportunidades de emprego no sector a Asociacion de Empresarios da Construción de Ourense o 27 de xaneiro

De 10.00 ás 11.30 horas, os participantes na xornada poderán informarse sobre cómo unirse á cuarta edición de CONSTRÚATE que se porá en marcha a partir do 14 de febreiro.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción,

Asociación de Empresarios da Construción de Ourense

A Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) organiza o vindeiro xoves, 27 de xaneiro, unha 'Xornada sobre as oportunidades de emprego no sector da construción' que se celebrará nas súas instalacións (Rúa Padilla, 1, 32005) das 10.00 ás 11.30 horas.

O evento está dirixido a participantes interesados/as en unirse á cuarta edición de CONSTRÚATE, o proxecto de formación en alternancia co emprego lanzado pola Fundación Laboral de la Construcción de Galicia para fomentar a incorporación de traballadores menores de 25 anos inscritos como demandantes de emprego e sen experiencia previa no sector.

En Ourense porase en marcha unha nova edición a partir do 14 de febreiro para a que xa están abertas as inscricións.

Programa da xornada

10.00 horas. Presentación. Situación actual do mercado laboral no sector da construción.

Cesáreo Fernández Ríos. Xerente da Asociación de Empresarios da Construción Ourense (ACO).

10.15 horas. Presentación do proxecto CONSTRÚATE de Formación en Alternancia co Emprego.

Lucía Veleiro Ferreiro. Orientadora laboral en Fundación Laboral de la Construcción de Galicia.

11.30 horas. Coloquio e clausura.

CONSTRÚATE: cualificación profesional e emprego

A Fundación Laboral de la Construcción impulsa o proxecto CONSTRÚATE, que ten como obxectivo mellorar a cualificación profesional dos e das traballadores/as máis novos/as, mediante o Contrato para a Formación e a Aprendizaxe, alternando formación en oficios con emprego en empresas da construción. Na actualidade, o sector está demandando entre 1.800 e 5.000 profesionais cualificados para asumir a carga de traballo dos próximos anos.

Os/As mozos/as que queiran sumarse a CONSTRÚATE adquirirán experiencia laboral nunha empresa da industria durante 12 meses, remunerada e con cobertura social e dereito a desemprego. E, ademáis, obterán unha cualificación profesional en ocupacións moi demandadas hoxe en día.

Se estás interesado/a en participar en CONSTRÚATE, inscríbete xa na Xornada sobre as oportunidades de emprego no sector da construción que se celebra o 27 de xaneiro en ACO.

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ