Curso Gratuíto de Coordinador de Seguridade e Saúde nas Obras de Construción
Formación Financiada pola Xunta de Galicia
O proceso de pre-inscrición deste curso está pechado por ter completado as prazas.
Inicio: 6 agosto de 2014
Accede á versión en castelán ou Descarga dende este enlace o Dossier do Curso
A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (APEC) convoca unha edición do Curso de Coordinador de Seguridade e Saúde nas Obras de Construción, trátase dunha edición gratuíta financiada pola Xunta de Galicia a través da “ORDE do 21 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2014”.
No mes de agosto comezará esta nova edición que se levará a cabo no centro da Fundación Laboral de la Construcción en Vigo e que combinará as exposicións teóricas dos docentes acreditados pola súa experiencia, cás visitas a obras de construción.
Esta formación presenta unha alta demanda entre os profesionais do sector, xa que o alumnado que a supere recibirá a súa certificación por ter superado a formación de coordinadores/as en materia de Seguridade e Saúde, conforme ás exixencias especificadas no R.D. 1627/1997. Unha vez finalizado o curso, os alumnos que así o desexen e que cumpran os requisitos establecidos, estarán en disposición de inscribirse no Rexistro de Coordinadores e Coordinadoras de Seguridade e Saúde nas Obras de Construción (conforme ao Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de Coordinadores e Coordinadoras en materia de Seguridade e Saúde nas Obras de Construción).
Nas 200 horas do curso, impartidas en modalidade presencial de agosto a outubro, os alumnos/as asistentes poderán coñecer os conceptos precisos sobre seguridade e saúde no traballo, o seu marco normativo, as nocións básicas sobre a xestión da prevención e a implantación na obra, así como as técnicas de avaliación e control de riscos ou a promoción da prevención.
Requisitos do Alumnado
Traballadores ocupados ou en situación de desemprego co seguinte perfil:
• Arquitectos Técnicos
• Arquitectos Superiores
• Enxeñeiros Técnicos
• Enxeñeiros Superiores
As 25 prazas serán adxudicadas por orde de inscrición, para elo, os interesados deberán remitir o seguinte formulario de inscrición debidamente cuberto.
Podes solicitar máis información no centro de Vigo a través do teléfono, correo electrónico ou en persoa:
Fundación Laboral de la Construcción de Vigo
Camiño da Raposeira, 24
36214, Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986 413 760 / Fax: 986 416 383
e-mail: vigo.galicia@fundacionlaboral.org