900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, recoñecida por Saúde Mental FEAFES Galicia polo seu traballo a prol da inserción laboral

A coordinadora do Centro de Ourense, María Antonia Nieto Alba, recolleu onte un dos premios "Empréganos 2026" en nome de FLC Galicia como entidade colaboradora da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia por impulsar a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental. 

Foundation New
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia recibiu onte, 16 de abril, de mans da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental FEAFES Galicia) un dos premios 'Empréganos 2026' como entidade colaboradora que "impulsa a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental."

A coordinadora do Centro de Ourense, María Antonia Nieto Alba, recolleu o recoñecemento en nome da entidade paritaria, nun acto que se celebrou no Teatro Principal de Ourense. 

A importancia do acompañamento especializado

Dende FEAFES Galicia lembran que a taxa de emprego das persoas con problemas de saúde mental sitúase no 22,3%, a máis baixa entre os distintos tipos de discapacidade segundo datos do INE. A entidade defende que estes problemas non teñen que resultar unha barreira para traballar e destaca que, co apoio adecuado, moitas persoas desempeñan a súa labor con compromiso e bo rendemento profesional.

Durante o acto, o presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón, destacou que ao longo de 2025 a entidade conseguiu que 924 persoas con problemas de saúde mental encontraran emprego en Galicia, o que supón o 72,3% das persoas atendidas. Na área de Ourense foron 120 as insercións laborais. Segundo indicou, estes datos mostran que o acompañamento especializado mellora de forma significativa as oportunidades laborais deste colectivo.

Saúde Mental FEAFES Galicia é unha organización sen ánimo de lucro que traballa desde 1995 na defensa dos dereitos e na mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias. Actualmente integra 12 asociacións repartidas por toda Galicia e presta servizos en preto de 30 localidades.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE