900 11 21 21

L-V 8:00 - 15:00

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas do programa de formación e emprego 'RenÓbrate' en colaboración coa Xunta de Galicia

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia fai públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas, excluídas e en reserva así como a listaxe coas puntuacións das persoas candidatas do programa 'RenÓbrate'.

Foundation New
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia impulsa o programa experiencial de formación e emprego 'RenÓbrate' en colaboración coa Xunta de Galicia, dirixido á cualificación profesional e á inserción laboral de persoas desempregadas no sector da construción.

A continuación, pódense consultar as listaxes provisionais de persoas admitidas, excluídas e en reserva así como as listaxes coas puntuacións das persoas candidatas do programa asinado en colaboración con cada concello. 

 

CONCELLO DE ARTEIXO
CONCELLO DE O CARBALLIÑO
CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Proceso de selección das persoas participantes

A selección das persoas participantes realizouse mediante un procedemento específico en colaboración coas entidades locais e coas oficinas de emprego de Galicia. Seleccionáronse 20 persoas así como unha listaxe de reserva. O programa ten en conta o perfil das persoas participantes e a demanda do tecido produtivo, co obxectivo de avanzar cara a un modelo máis flexible e conectado coa realidade laboral, complementando os itinerarios tradicionais cunha aprendizaxe vinculada ó traballo efectivo en cada contorna.

Contrato de formación en alternancia durante 9 meses

As persoas participantes no programa serán contratadas pola Fundación Laboral de la Construcción mediante un contrato de formación en alternancia durante os nove meses de duración do proxecto, que se inicia o próximo 18 de agosto, percibindo unha retribución equivalente ao 100 % do Salario Mínimo Interprofesional vixente. A actividade laboral práctica suporá, como máximo, o 65% da súa xornada laboral.

O obxectivo final de 'RenÓbrate' é que o 60% do alumnado participante formalice, no prazo máximo de dous meses dende a finalización do programa, un contrato de traballo durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas do sector relacionadas coas materias impartidas e ó ámbito territorial de Galicia. 

O convenio asinado entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade paritaria de Galicia foi aprobado no Consello da Xunta e conta cun investimento de 1.890.208 euros para os anos 2026 e 2027. 

 

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE