900 11 21 21

L-V 8:00 - 15:00

Fundación Laboral de la Construcción impulsa o programa 'RenÓbrate' no Concello de Sanxenxo para incorporar a 20 persoas ó sector

Orientado á cualificación profesional e á inserción laboral no sector da construción, o programa está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.

 

Combina formación teórico-práctica durante 9 meses coa realización de actuacións de mellora en espazos públicos da contorna. 

Foundation New
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración co Concello de Sanxenxo para desenvolver o programa experiencial de formación e emprego 'RenÓbrate', impulsado xunto coa Xunta de Galicia e dirixido á cualificación profesional e á inserción laboral de persoas desempregadas no sector da construción. En virtude do acordo, 20 participantes combinarán formación teórico-práctica e experiencia profesional durante 9 meses realizando actuacións de mellora de espazos públicos da contorna do concello.

"Unha saída laboral para un sector onde fai falta man de obra"

Durante a sinatura do convenio, asinado onte no Concello de Sanxenxo, o alcalde, Telmo Martín, destacou “a importancia destes cursos de formación na construción, onde fai tanta falta man de obra e que supoñen unha saída laboral”.

A directora xeral de Emprego, Zeltia Lado, explicou que se trata de “complementar os obradoiros de emprego duais e responder ás necesidades da contorna cun programa experiencial remunerado para 20 persoas”. 

O xerente do C Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, Fernando García Novo, sinalou que a selección do persoal comezará de inmediato “co obxectivo de iniciar o programa a finais de agosto e rematalo en maio”.

Actuacións de albanelería en espazos públicos do concello 

O proxecto que se porá en marcha no Concello de Sanxenxo incluirá 510 horas de formación. As 20 persoas participantes realizarán, en coordinación coa Concellería de Mantemento e Servizos, dirixida por Yago Torres, tarefas de albanelería e pavimentos urbanos, mediante a reforma e acondicionamento de locais municipais e actuacións en espazos públicos incluíndo pavimentos peonís exteriores e elementos complementarios de urbanización.

As persoas participantes no programa serán contratadas pola Fundación Laboral de la Construcción mediante un contrato de formación en alternancia durante os nove meses de duración do proxecto, percibindo unha retribución equivalente ao 100 % do Salario Mínimo Interprofesional vixente. A actividade laboral práctica suporá, como máximo, o 65% da súa xornada laboral.

O obxectivo final de 'RenÓbrate' é que o 60% do alumnado participante formalice, no prazo máximo de dous meses dende a finalización do programa, un contrato de traballo durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas do sector relacionadas coas materias impartidas e ó ámbito territorial de Galicia. 

Requisitos das persoas participantes

A selección das persoas participantes realizarase mediante un procedemento específico en colaboración coas entidades locais e coas oficinas de emprego de Galicia. Seleccionaranse 20 persoas así como unha listaxe de reserva. Así, o programa terá en conta o perfil das persoas participantes e a demanda do tecido produtivo, co obxectivo de avanzar cara a un modelo máis flexible e conectado coa realidade laboral, complementando os itinerarios tradicionais cunha aprendizaxe vinculada ó traballo efectivo en cada contorna.

Os requisitos das persoas participantes son os seguintes:

  • Estar desempregadas e ter 18 anos ou máis.
  • Estar inscritas como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Cumprir os requisitos legais para formalizar un contrato de formación en alternancia durante toda a etapa do programa.
  • Cumprir os requisitos de acceso ao nivel formativo ou ás especialidades que resulten aplicables.
  • Aceptar as condicións básicas do proxecto.

 

Formación conectada coa actividade real

A iniciativa aposta por unha formación non vencellada a un itinerario regrado, senón conectada coa actividade real que desenvolverá o alumnado, para mellorar as súas oportunidades de inserción laboral no sector da construción.

O convenio do programa, asinado entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade paritaria de Galicia, foi aprobado no Consello da Xunta e conta cun investimento de 1.890.208 euros para os anos 2026 e 2027. 

 

Para participar no proxecto do programa no Concello de Sanxenxo, podes chamar ao 986 980 417 ou enviar un correo electrónico a ccoloret@fundacionlaboral.org

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE