Máis de 800 estudantes de 15 centros educativos de Galicia participaron na edición 2025 da Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola'
Concienciar ao alumnado sobre a importancia da Seguridade e da Saúde é o obxectivo da actividade que se desenvolveu en 45 sesións en colexios e institutos da comunidade, dende outubro ata decembro do ano pasado.
Un total de 803 estudantes de 15 centros educativos -colexios e institutos de ensino secundario- de toda Galicia participaron na edición 2025 da Campaña Seguridade e Saúde + Cerca da Escola, organizada por Fundación Laboral de la Construcción en Galicia.
O obxectivo desta actividade é concienciar e sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da Seguridade e a Saúde, establecendo similitudes entre os riscos que poidamos atopar no sector da construción e os perigos domésticos aos que se poñen expoñer no seu día a día.
Durante os meses de outubro a decembro do ano pasado desenvolvéronse 45 sesións en 15 centros educativos de toda Galicia: o CIFP Ferrolterra (Ferrol, A Coruña); o CIFP Porta da Auga (Ribadeo, Lugo); o Colexio Valle Inclán (Ourense); o CPI de Zas (Zas, A Coruña); o IES A Cachada (Boiro, A Coruña); o IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra); o IES Indalecio Pérez Tizón (Tui, Pontevedra); o IES Maximino Romero de Lema (Baio, A Coruña); o IES Pedro Floriani (Redondela, Pontevedra); o IES Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra); o IES Politécnico de Lugo (Lugo), o IES Politécnico de Vigo (Pontevedra), o IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña); o IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra) e o IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña).
Exemplos prácticos sobre os principais riscos e a súa prevención
Durante a actividade, o alumnado puido familiarizarse coas obras de construción, coñecendo os riscos máis habituais da industria e das técnicas de prevención, tales como medidas organizativas, medios de protección colectiva e Equipos de Protección Individual (EPIs) a través de exemplos prácticos que requeriron a súa participación activa e dun kit de sensibilización.
A Campaña Seguridade e Saúde + Cerca da Escola forma parte das actividades realizadas polo Organismo Paritario para la Prevención en la Construcción (OPPC), creado para prestar apoio en materia preventiva ás pequenas e medianas empresas do sector e enmarcado no Convenio Xeral do Sector da Construción, ao igual que a Fundación Laboral de la Construcción, con quen comparte os ámbitos territoriais, funcionais e de actuación.