900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visita o programa piloto 'RenÓbrate' que se realiza no Carballiño

Destaca o valor da formación para o emprego adaptada ás necesidades de man de obra de sectores estratéxicos como o da construción, obxectivo desta iniciativa que desenvolve a Fundación Laboral de la Construcción xunto coa Xunta.

Foundation New
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O programa piloto RenÓbrate que a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia desenvolve coa Xunta de Galicia xunto co Concello de O Carballiño recibiu hoxe a visita do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e polo alcalde en funcións do Concello de O Carballiño, José Rafael Castro-Gil Seijas.

O Carballiño é un dos concellos colaboradores do programa xunto con Arteixo, Sanxenxo e Santiago de Compostela cuxo obxectivo final é á cualificación profesional e á inserción laboral de 80 persoas desempregadas no sector da construción. 

Durante a visita ás actuacións que se están a realizar no Carballiño dentro do programa RenÓbrate, González puxo en valor a formación para o emprego adaptada ás necesidades de man de obra de sectores estratéxicos como o da construción. Neste sentido, explicou que accións coma esta axudan a facer fronte a retos globais que inclúen ao sector da construción como a cobertura de vacantes laborais. 

Obras de mellora en espazos públicos do Carballiño

No caso do Carballiño, son 20 as persoas participantes, igual que no resto de municipios implicados, e inclúe máis de 500 horas de formación, incluída a de prevención de riscos laborais no sector. O alumnado céntrase nas tarefas de albanelería e pavimentos urbanos, mediante a reforma e acondicionamento de locais municipais e actuacións en espazos públicos, como o Parque do Carballiño, incluíndo pavimentos peonís exteriores e elementos complementarios de urbanización.

As persoas participantes no programa están contratadas pola Fundación Laboral de la Construcción mediante un contrato de formación en alternancia durante os nove meses de duración do proxecto, percibindo unha retribución equivalente ao 100 % do Salario Mínimo Interprofesional vixente. A actividade laboral práctica supón, como máximo, o 65% da súa xornada laboral.

O obxectivo final de RenÓbrate é que o 60% do alumnado participante formalice, no prazo máximo de dous meses dende a finalización do programa, un contrato de traballo durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas do sector relacionadas coas materias impartidas e ó ámbito territorial de Galicia. 

 

Consulta aquí máis detalles do programa RenÓbrate no Carballiño.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE