900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas en Galicia cae un 7,2% no mes de abril

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), é a cuarta comunidade española con maior diminución das operacións, un descenso superior á media nacional, que foi do -1,8%

Sector New
Fuente -

INE; Atlántico Diario; La Región

A compravenda de vivendas en Galicia chegou ás 1.928 en abril, o cal representa un 7,2% menos en comparación co mesmo mes de 2025, segundo apuntan os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Galicia sitúase así como a cuarta comunidade española na que máis diminuíu este tipo de operacións en abril, por diante de Navarra, Madrid e Castela e León. Este descenso sitúase por riba da media nacional, que se quedou no -1,8%. 

Ata o mes de abril, vendéronse en Galicia 8.395 vivendas, o que supón 385 menos que no mesmo período de 2025, un 4,4% menos. En comparación con marzo, tamén se rexistraron 311 compravendas menos. Das operacións realizadas no cuarto mes do ano, 1.880 correspóndense con vivendas libres e 48 con inmobles de protección oficial.

Máis de 53.000 operacións a nivel nacional

A nivel estatal, a compravenda de vivendas baixou en abril un 1,8% respecto ao mesmo mes de 2025, ata un total de 53.241 operacións, a súa menor cifra dende o pasado mes de agosto, lastrada polas operacións sobre vivendas de segunda man, que retrocederon un 2,4% interanual.

Co descenso rexistrado en abril, a compravenda de vivendas encadea catro meses consecutivos de retrocesos despois de que en xaneiro, febreiro e marzo baixara un 5%, un 0,5% e un 2,2%, respectivamente.

As hipotecas caen un 2,6% en Galicia

As hipotecas de vivendas en Galicia tamén caeron un 2,6% no mes de abril, fronte á tendencia nacional que rexistrou un crecemento dun 2,3%, segundo os datos publicados polo INE.

O importe das hipotecas galegas no cuarto mes do ano ascendeu a máis de 296 millóns de euros, un 37,7% máis. En total, en Galicia constituíronse 1.885 hipotecas sobre o total de fincas, un 3,3% menos, e, en toda España 51.136, un 1,4% máis.

En España, o número de hipotecas constituídas tivo a súa maior cifra nun mes de abril dende 2010, segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Co avance interanual de abril, inferior en case sete puntos ao experimentado en marzo (+9%), a firma de hipotecas sobre vivendas suma 22 meses consecutivos de subidas.

 

Consulta as estadísticas do INE na súa web.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE