900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Promociones

17 empresas de Galicia xa contan con traballadores cualificados

Este plan segue aberto para que as empresas interesadas soliciten traballadores que se axusten ás súas necesidades

Promoción
Galicia
04/05/2016

Grazas ao plan da Fundación Laboral e financiado pola Xunta de Galicia, as empresas da comunidade poden solicitar traballadores coa formación axustada ás súas necesidades. O centro con maior número de persoas insertadas é o de Vigo, que seleccionou e formou a 5 traballadores que xa desenvolven o seu traballo noutras tantas empresas. Dende o centro de Teo formouse e insertouse a outros 4 traballadores, mentres que en Ourense e Arteixo conseguiuse a inserción de 3 traballadores, para rematar en Lugo deuse resposta a dúas empresas que necesitaban persoal.

A Fundación Laboral da Construción comezou a segunda etapa do "Plan Integrado de Emprego Pre- Ocúpate+". Un Plan que comezou no mes de outubro en toda Galicia e atenderá a 80 usuarios, que terán a oportunidade de formarse e recibir unha orientación individualizada que lles permitirá mellorar a súa empregabilidade.

O plan de emprego conta coa participación de desempregados distribuídos por diferentes concellos de Galicia, con perfís profesionais relacionados na súa maioría co sector da construción e afíns.

As accións que está a levar a cabo a Fundación Laboral están encamiñadas a acadar a incorporación ao mercado laboral dos participantes no plan, ao tempo que se  proporciona ás empresas os traballadores cualificados que precisan. Entre estas accións, temos:

  • Plan de Orientación e Empregabilidade: Diagnóstico individualizado dos participantes, mediante a valoración da súa formación, dispoñibilidade, experiencias profesionais, aptitudes, actitudes,.. Con este diagnóstico coñecemos en que empresas resultará máis valioso o seu perfil.
  • Accións específicas: A Fundación Laboral proporciona a formación específica que precisan os traballadores, para solventar as súas carencias curriculares, adaptando o seu currículo ás necesidades das empresas destinatarias. A formación é impartida pola Fundación Laboral, garantindo a súa validez e calidade, entre a formación impartida temos:
  1. Formación en materia de Prevención de Riscos Laborais axustada aos convenios de Construción, Metal, Madeira, Vidro e Rotulación
  2. Formación de Maquinaria (Escavadora, Carretilla elevadora, PEMP, etc)
  3. Traballos Verticais e en Alturas
  4. Espazos Confinados
  5. Montaxe de Andamios
  6. Formación específica dos oficios demandados polas empresas
  • Medidas de acompañamento: Realízase un seguimento continuo do traballador, garantindo a súa valía, compromiso, e adaptación ao posto de traballo, co fin de solventar as carencias formativas que poidan aparecer. Sempre, sen custe algún para a empresa.

 

Este servizo está aberto a tódalas empresas que desexen participar para cubrir as necesidades de contratación que se lles presenten. Os técnicos do proxecto realizarán un diagnóstico exhaustivo que permita cubrir os postos de traballo cos traballadores máis axeitados.

As empresas interesadas poden contactar cos centros da Fundación Laboral en Galicia (neste enlace están os datos de contacto) ou no correo electrónico do plan: pie.galicia@fundacionlaboral.org, remitirémoslle información ampliada ou concertaremos unha entrevista.

Accede á versión en castelá

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ