A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participa na I Xornada do Sector da Construción organizada por Cruz Roja en Burela
O obxectivo da entidade paritaria é expoñer as oportunidades de formación e emprego que ofrece esta industria clave para a comarca da Mariña.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participou na I Xornada do Sector da Construción organizada por Cruz Roja en Burela, para xerar un espazo de encontro entre empresas e profesionais que ofrece un sector clave para a comarca da Mariña.
O responsable do Centro de Lugo da entidade paritaria, Ignacio de Oliveira Pérez, expuxo as oportunidades de formación e emprego do sector, centrándose nas necesidades e retos actuais en materia de contratación, búsqueda de persoal cualificado e evolución do mercado laboral.
Contratación de persoas estranxeiras
A xornada incluiu unha ponencia sobre contratación internacional, impartida por María Luisa Núñez, avogada de Extranxeiría de Cruz Roja en Lugo. Durante a súa intervención, abordou aspectos legais e prácticos relacionados coa contratación de persoas estranxeiras, un ámbito cada vez máis relevante para o sector.
O encontro reuniu a representantes de empresas relacionadas co ámbito da construción, que puideron compartir as súas experiencias e necesidades nun contexto marcado pola dificultade para atopar persoal cualificado e polos cambios que está experimentando o mercado laboral.
Dende a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia destacouse a importancia de colaborar con entidades como Cruz Roja para favorecer a inserción laboral no sector. De igual forma, Cruz Roja valorou a relevancia deste tipo de encontros para coñecer as demandas das empresas e favorecer a creación de alianzas que permitan avanzar cara a un mercado laboral dinámico e adaptado á realidade do territorio.