900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participa na I Xornada do Sector da Construción organizada por Cruz Roja en Burela

O obxectivo da entidade paritaria é expoñer as oportunidades de formación e emprego que ofrece esta industria clave para a comarca da Mariña. 

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participou na I Xornada do Sector da Construción organizada por Cruz Roja en Burela, para xerar un espazo de encontro entre empresas e profesionais que ofrece un sector clave para a comarca da Mariña. 

O responsable do Centro de Lugo da entidade paritaria, Ignacio de Oliveira Pérez, expuxo as oportunidades de formación e emprego do sector, centrándose nas necesidades e retos actuais en materia de contratación, búsqueda de persoal cualificado e evolución do mercado laboral. 

Contratación de persoas estranxeiras

A xornada incluiu unha ponencia sobre contratación internacional, impartida por María Luisa Núñez, avogada de Extranxeiría de Cruz Roja en Lugo. Durante a súa intervención, abordou aspectos legais e prácticos relacionados coa contratación de persoas estranxeiras, un ámbito cada vez máis relevante para o sector.

O encontro reuniu a representantes de empresas relacionadas co ámbito da construción, que puideron compartir as súas experiencias e necesidades nun contexto marcado pola dificultade para atopar persoal cualificado e polos cambios que está experimentando o mercado laboral. 

Dende a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia destacouse a importancia de colaborar con entidades como Cruz Roja para favorecer a inserción laboral no sector. De igual forma, Cruz Roja valorou a relevancia deste tipo de encontros para coñecer as demandas das empresas e favorecer a creación de alianzas que permitan avanzar cara a un mercado laboral dinámico e adaptado á realidade do territorio. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ