900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción participa na Feira de Emprego 'Unindo Talento' organizada por Cruz Roja en Vigo

A entidade paritaria achegou ás persoas asistentes asesoramento sobre os seus servizos de orientación laboral e emprego para visibilizar as oportunidades profesionais que ofrece o sector da construción en Galicia. 

Foundation New
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción achegou as oportunidades profesionais do sector aos asistentes á primeira Feira de Emprego organizada por Cruz Roja en Galicia baixo o lema 'Unindo Talento'.

Celebrada no Auditorio Mar de Vigo o 19 de maio, esta cita ten como obxectivo desenvolver novas accións que contribúan a "derribar as barreiras de acceso ao mercado laboral, poñendo o foco na igualdade de oportunidades e o valor do talento". 

O equipo de Fundación Laboral de la Construcción en Galicia ofreceu ás persoas asistentes á feira información sobre os seus servizos de orientación e emprego para visibilizar as oportunidades laborais que ofrece a industria da construción. 

Os/as técnicos/as da entidade paritaria mostraron aos/ás asistentes un simulador virtual adicado á Prevención de Riscos Laborais en obras de construción, específicamente, sobre a colocación de Equipos de Protección Individual (EPIs) e a detección de riscos en obra.

Máis de 600 participantes e 30 empresas

A feira, na que participaron máis de 600 persoas e 30 empresas, incluiu a celebración de obradoiros de Intelixencia Artificial aplicada á busca de emprego nos que se ensinou aos participantes ferramentas para optimizar os seus perfís profesionais. 

A Fundación Laboral de la Construcción conta cunha longa traxectoria de colaboración con Cruz Roja en proxectos que fomentan a empregabilidade de mulleres, xente nova, persoas maiores de 45 anos así como persoas desempregadas, inmigrantes e/ou refuxiadas. 

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE