A Fundación Laboral de la Construcción participa na Feira de Emprego 'Unindo Talento' organizada por Cruz Roja en Vigo
A entidade paritaria achegou ás persoas asistentes asesoramento sobre os seus servizos de orientación laboral e emprego para visibilizar as oportunidades profesionais que ofrece o sector da construción en Galicia.
A Fundación Laboral de la Construcción achegou as oportunidades profesionais do sector aos asistentes á primeira Feira de Emprego organizada por Cruz Roja en Galicia baixo o lema 'Unindo Talento'.
Celebrada no Auditorio Mar de Vigo o 19 de maio, esta cita ten como obxectivo desenvolver novas accións que contribúan a "derribar as barreiras de acceso ao mercado laboral, poñendo o foco na igualdade de oportunidades e o valor do talento".
O equipo de Fundación Laboral de la Construcción en Galicia ofreceu ás persoas asistentes á feira información sobre os seus servizos de orientación e emprego para visibilizar as oportunidades laborais que ofrece a industria da construción.
Os/as técnicos/as da entidade paritaria mostraron aos/ás asistentes un simulador virtual adicado á Prevención de Riscos Laborais en obras de construción, específicamente, sobre a colocación de Equipos de Protección Individual (EPIs) e a detección de riscos en obra.
Máis de 600 participantes e 30 empresas
A feira, na que participaron máis de 600 persoas e 30 empresas, incluiu a celebración de obradoiros de Intelixencia Artificial aplicada á busca de emprego nos que se ensinou aos participantes ferramentas para optimizar os seus perfís profesionais.
A Fundación Laboral de la Construcción conta cunha longa traxectoria de colaboración con Cruz Roja en proxectos que fomentan a empregabilidade de mulleres, xente nova, persoas maiores de 45 anos así como persoas desempregadas, inmigrantes e/ou refuxiadas.