A compravenda de vivendas creceu o pasado mes de novembro un 11% en Galicia
Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) recollen que a compravenda de vivendas medrou en Galicia un 11,36% en novembro en relación ao mesmo mes de 2024, ata alcanzar as 2.263 operacións.
A compravenda de vivendas creceu o pasado mes de novembro un 11.36% en Galicia, en relación ao mesmo mes de 2024, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), recollidos por Europa Press.
Esta subida é superior ao da media nacional, xa que no total de España a venda de fogares medrou un 7,8% en novembro, con 58.546 transaccións.
Do total de vivendas vendidas en Galicia, case a metade -1.035- estaban en A Coruña, un 8,9% máis; mentres que 683, en Ponteveda, subindo un 6,4%, e 306, en Lugo, un 27,5% máis. Ademais, en Ourense vendéronse 239 vivendas en novembro, un 19,5% máis.
Das máis de 2.260 vivendas comercializadas en Galicia, 539 eran novas, un 4,1% máis; e 1.724 usadas, un 18,9% máis. Ademais, 2.197 eran libres, subindo un 11,7% e 66 protexidas, un 1,5% máis.
Transaccións en máximos históricos en España
A nivel nacional, a compravenda de vivendas subiu o pasado mes de novembro un 7,8% respecto ao mesmo mes de 2024, ata un total de 58.546 operacións, a súa maior cifra mensual nun mes de novembro dende o inicio da serie en 2007, segundo datos do INE.
Este repunte de compravenda de vivendas rexistrado en novembro de 2025 produciuse grazas ao incremento das operacións de vivendas novas, que avanzarosn un 4,1%, ata as 12.742 operacións como das compravendas realizadas sobre viviendas usadas, que creceron un 8,9% ata as 45.804 operacións.
En total, a compravenda de vivendas libres subiu un 9,1% interanual, ata as 54.790 operacións, en tanto que a compravenda de vivendas protexidas disminuiu un 8,5% ata sumar 3.756 transaccións.
Na tasa intermensual, a compravenda de vivendas baixou un 13,6%, con descensos do 11,9% para as vivendas novas e do 14,1% para as usadas.