900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas modera o seu crecemento en Galicia en febreiro, cun leve ascenso do 3,9%

O incremento é 10 puntos inferior ao aumento rexistrado en España, con 2.173 operacións, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Sector New

A compravenda de vivendas en Galicia aumentou un 3,9% en febreiro en comparativa co mesmo mes de 2024, con 2.173 operacións, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). 

Unha evolución que amosa unha moderación no crecemento respecto ao 8,1% de xaneiro de 2025 e ao 22,3% do conxunto de 2024, que foi o maior crecemento de España.

De feito, en comparación co resto do Estado, o avance de Galicia está 10 puntos por debaixo da subida do 13,9% estatal, onde se produciron 59.682 operacións. De feito, o de Galicia é o terceiro peor dato por comunidades, só por riba da Comunidade Valenciana (3,6%) e a caída de Navarra (-26,7%). 

Das operacións de compravenda, 2.112 realizáronse sobre vivendas libres e só 61 sobre protexida. Delas, 536 operacións corresponderon a vivendas novas e 1.637, a edificios usados. En total, realizáronse 3.999 operacións sobre vivendas: ademais das 2.173 compravendas, 951 foron herdanzas, 36 doazóns, seis permutas e 833 doutro tipo.

As hipotecas suben un 1,9% en febreiro

O número de hipotecas constituidas sobre vivendas subiu un 1,9% en febreiro en Galicia en relación ao mesmo mes de 2024, ata sumar 1.374, por un importe máximo aos 164,18 millóns de euros, segundo os datos do INE.

No conxunto estatal, o dato de hipotecas sobre vivendas subiu un 4,3% en febreiro interanual, ata sumar 39.084 préstamos, a súa maior cifra nun mes de febreiro dende 2011. 

 

Consulta aquí as estadísticas de compravendas de vivendas e hipotecas na web do INE.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE