900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Centro de Narón (Coruña)

Descrición

Horario de Atención ao Público:
Luns a Venres: 08:00 - 15:00 horas.
 

O Centro de Narón ofrece formación especializada para persoas traballadoras e desempregadas, ademais de ser punto de tramitación da Tarxeta Profesional da Construción (TPC). A oferta formativa da Fundación Laboral inclúe as modalidades de presencial, a distancia e teleformación. Ofrécense accións formativas especializadas para traballadores/as do sector.

A nave distribúese en dúas plantas que contan con 3 aulas, 2 talleres e un espazo para despachos, almacéns e vestiarios. Desde este Centro impártese e coordínase a formación da comarca, dando soporte a multitude de empresas que solicitan formación a medida nas súas instalacións. 

Conta con distintas homologacións para a impartición de certificados de profesionalidade, sendo Centro autorizado de Formación de Condutores para impartir Formación Continua. O carácter industrial desta zona fai que nestas instalacións se impartan convocatorias moi especializadas, como poden ser talleres de networking para empresas da zona, talleres de conversación en inglés ou accións formativas desenvolvidas a medida para postos de traballo específicos das empresas da zona.