900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A construción xerou en Galicia en 2022 un valor engadido bruto de 3.833,6 millóns de euros, o que representa o 5,6% do PIB

O emprego situouse nos 79.904 postos de traballo, segundo se recolle no informe de Seguimento e análise da construción que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) con datos do cuarto trimestre de 2022. 

Noticia del sector

O sector da construción en Galicia xerou en 2022 un valor engadido bruto (VEB) de 3.833,6 millóns de euros, o que representa o 5,6% do Produto Interior Bruto (PIB), segundo recolle o Instituto Galego de Estatística (IGE) no seu informe de Seguimento e análise da construción con datos do cuarto trimestre de 2022.

Grazas a este nivel de actividade, o emprego conseguiu situarse nos 79.904 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o 7,7% do total. Unha evolución moi positiva e que supera á evolución estatal. De feito, en España, o sector da construción representa o 4,7% do PIB e o emprego supón o 7,1% do total de postos de traballo equivalentes a tempo completo.

Tamén rexistraron un forte impulso as afiliacións medias á Seguridade Social, que aumentaron en Galicia un 1,9% no ano 2022 e en España un 3,5 %. Segundo a EPA, a poboación ocupada no sector da construción aumentou no ano 2022 un 1,3% en Galicia e un 2,3% en España.

A compraventa de viviendas segue a medrar

O principal indicador de demanda, a compravenda de vivendas, presenta no 2022 unha taxa de variación positiva, aínda que inferior á do ano anterior, e acumula así dous anos de crecemento despois da caída no ano 2020. Segundo o Colegio de Registradores, as compravendas de vivenda usada, que supoñen un 78% en Galicia e un 82,3% en España, medraron no 2022 un 15,3% en Galicia e un 17,6% en España. Outros indicadores relacionados coa demanda, como o tipo de xuro e o prezo da vivenda, dificultan o desempeño da actividade residencial.

Os datos referentes á actividade da edificación non residencial indican un mellor comportamento que no ano anterior nas licenzas e nos visados. Se empregamos os datos de superficie a construír de licenzas, o ano 2022 rexistrou un avance do 60,8 %, despois dun descenso no ano anterior do -7,8 %; a información dos visados indica que a superficie a construír medrou un 112,6% no 2022 mentres que en 2021 amosou un decrecemento do -49,4 %.

A licitación oficial reduciuse un -14,3%

Segundo os datos do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana sobre a licitación oficial, o importe licitado no 2022 polas administracións en construción (edificación e enxeñería civil) en Galicia diminuiu un -14,3 %. Esta baixada ven causada maiormente pola licitación en obra civil, que supuxo o 75,5% do total, cunha diminución do -20,7 %; as obras de edificación, que supuxeron o 24,5% da actividade licitadora das administracións, aumentaron un 13,9% respecto ao ano anterior.

Podes descargar o informe completo sobre a evolución do sector no cuarto trimestre de 2022 na web do Instituto Galego de Estatística.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ