900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral achegará o programa ‘Ti elixes’ da Xunta contra os estereotipos a máis de 800 alumnos/as de secundaria

O xerente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, Fernando García Novo, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participaron nunha xornada da campaña celebrada no colexio CPR Plurilingüe San Narciso de Marín. 

 

A entidade paritaria colabora por cuarta vez coa campaña, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ofrecendo 41 charlas en 11 centros educativos de Galicia para impulsar a presenza de mulleres en sectores masculinizados coma a construción.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O xerente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, Fernando García Novo, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participaron hoxe no colexio CPR Plurilingüe San Narciso de Marín, nunha xornada enmarcada na iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, Que non te líen, ti elixes, dirixida a alumnado de 3º e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para que coñezan os diferentes oficios dentro da construción, libres de estereotipos e condicionantes de xénero.

Na sua intervención, Fernando García lembrou que "na construción aínda hai moitos máis homes que mulleres pero non hai razóns obxectivos para que iso sexa así" e animou aos rapaces/as a "non poñer barreiras na elección da súa vida profesional".

Pola suá parte, Pablo Fernández resaltou "a importancia de elixir unha profesión en base ás habilidades que se teñan, ás capacidades ou ás mesmas motivacións, rachando cos estereotipos en sectores tradicionalmente ocupados por homes". 

41 charlas a máis de 800 rapaces/as de secundaria

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia ofrecerá 41 charlas a máis de 800 alumnos/as de 11 centros de 3º e 4º da ESO de toda Galicia dentro do programa educativo en igualdade laboral Que non te líen, ti elixes da Xunta de Galicia. A finalidade desta campaña é fomentar unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero en relación a unha elección de ciclos formativos con menor presencia de mulleres, especialmente en sectores caracterizados pola escasa representatividade feminina como a construción. 

Será a cuarta participación da entidade paritaria nesta campaña logo de ter chegado a máis de 3.203 alumnos/as ao longo de 140 sesións en 40 institutos dende o inicio do programa en 2023. Financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, o programa busca "favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres."

As charlas de Fundación Laboral serán impartidas por persoal técnico da entidade paritaria en Galicia, e por mulleres profesionais que traballan no sector da construción que lle trasladarán as súas experiencias aos/ás rapaces/as. 

Sesións divulgativas en 11 centros educativos de Galicia

As sesións, cunha hora de duración aproximada, celebraranse durante os meses de abril e maio en 11 centros educativos de Galicia: IES Antonio Fraguas Fraguas (A Coruña), IES Ordes (A Coruña), CPR Plurilingüe Concepción Arenal (Ourense), CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense), IES Universidade Laboral (Ourense), IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (Pontevedra), CPR Plurilingüe San Narciso (Pontevedra), CPI de Mosteiro-Meis (Pontevedra), IES Luís Seoane (Pontevedra) e IES Rosais 2 (Pontevedra). 

Sectores como a construción, a madeira, o mar, o metal ou as TIC son aos que vai dirixida esta campaña que pon o énfase na importancia de escoller o rumbo profesional en función das motivacións, das habilidades, das capacidades e da actitude de cada persoa, desbotando a crenza de que non poida haber mulleres en sectores tradicionalmente ocupados por homes.

A incorporación da muller á industria da construción

A construción necesita incorporar man de obra para cubrir a xubilación dos preto de 1.700 profesionais que se retiran cada ano. Aínda que a presenza de mulleres no sector aumentou en postos técnicos e administrativos, hoxe en día seguen sen integrarse nos oficios da construción, nun momento no que non hai cuestións obxectivas polas que as mulleres non poidan desenvolver a súa carreira profesional a pé de obra como carpinteiras, fontaneiras, electricistas ou pintoras.

Segundo o Informe de Mulleres 2024 do Observatorio Industrial de la Construción, as mulleres representan o 8,8% das persoas ocupadas en construción en Galicia, un aumento do 15,7% respecto a 2023, con 771 traballadoras máis. Hoxe en día traballan no sector da comunidade un total de 7.258 mulleres que supoñen o 5,5% do total de mulleres ocupadas en Galicia.

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia está traballando en proxectos para impulsar a incorporación de mulleres á industria da construción, tanto dende o punto de vista do emprego como da orientación laboral. 

 

Mira aquí o vídeo de presentación da campaña Que non te líen, ti elixes na canle de YouTube da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ