900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral colabora cun proxecto de Construción Industrializada para crear emprego cualificado e incorporar a muller á industria

A entidade paritaria presentou hoxe a acción formativa, financiada pola Xunta de Galicia, que realizará xunto con Zero Housing a partir do mes de xullo, dirixida a 15 persoas, e que conta cun compromiso de contratación por parte da empresa de, como mínimo, o 40% dos participantes. 

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción (FLC) presentou hoxe na súa Sede de Santiago de Compostela o proxecto de expansión da empresa Zero Housing, unha iniciativa innovadora en Construción Industrializada e Sostible, que aspira a crear emprego cualificado e a fomentar a incorporación de mulleres á industria.

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia colaborará con Zero Housing na cualificación de persoal mediante a impartición dunha acción formativa, a partir do mes de xullo, dirixida a 15 persoas, cun compromiso de contratación por parte da empresa de, cando menos, o 40% dos/as participantes para traballar no seu novo centro de produción ubicado en Padrón (A Coruña). 

Elena Mancha Montero de Espinosa, Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, salientou que “a sostibilidade é unha das guías da construción” hoxe en día e puxo de exemplo a Zero Housing como unha empresa do sector que “vai a facer da sostibilidade a folla de ruta do seu crecemento”. “Unha empresa sostible tamén leva aparellada unha necesidade de igualdade de oportunidades, para atraer o talento feminino que tanto necesita o sector”, salientou.  

Diego Vázquez: “A construción industrializada é clave no reto da sostibilidade”

Diego Vázquez Reino, Presidente do Consello Territorial de Galicia de FLC, afirmou que "o sector da construción está inmerso nunha fase de transformación adaptándose ás novas esixencias de sostibilidade". Neste sentido, resaltou que “a construción industrializada é clave neste reto".

“Dende a Fundación Laboral apostamos pola innovación e polos avances tecnolóxicos que melloren a competitividade nos procesos produtivos”, destacou Vázquez Reino. Por iso, recalcou, “vamos a poñer todos os nosos esforzos en crear itinerarios formativos para a cualificación profesional dos/as traballadores/as que necesita a construción industrializada".

Alejandra Gesto Montes, Vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia da FLC, considerou a construción industrializada como "a opción máis sostible do sector" grazas a que "optimiza procesos". Entre as ventaxas, salientou que xera "menos emisións de CO2 no transporte, menos residuos, máis economía circular, en definitiva, máis medio ambiente".

Outra das prioridades do sector é conseguir a igualdade. “En poucos anos conseguimos pasar do 5% de mulleres no sector ao 11,5%, un paso moi grande”, salientou Alejandra Gesto. “Na construción industrializada, as mulleres van a ter moito que dicir xa que poden acceder a empregos máis seguros, sostibles, de calidade e cunha maior conciliación”, remarcou.

Un proxecto en expansión que necesita persoal cualificado

Diego Freire Coloma, Director Xeral de Zero Housing, explicou que a empresa "de construción sostible e industrializada” executa as súas vivendas “en fábrica". Entre as ventaxas deste sistema construtivo destacou a “redución de ata o 90% dos residuos en obra, do 54% do consumo de enerxía ou do 60% de emisións de CO2, así como unha diminución de ata o 60% no tempo de entrega das vivendas así como unha elevada eficiencia enerxética”.

Nos próximos meses, a empresa, ubicada en Padrón (A Coruña), prevé trasladarse a unhas novas instalacións situadas no propio municipio coruñés de preto de 4.000 metros cadrados e unha zona de almacenaxe de case 14.000 metros dentro da fase de expansión do seu proxecto de construción industrializada en altura.

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, en colaboración coa empresa, impartirá a partir do mes de xullo a acción formativa de Construción de envolventes e particións lixeiras con paneis e elementos prefabricados, financiada pola Xunta de Galicia. O curso, de 268 horas de duración e dirixido a 15 persoas, inclúe un compromiso de contratación por parte da empresa de, cando menos, o 40% dos/as participantes para traballar no seu centro de produción ubicado en Padrón (A Coruña). A formación impartirase no Centro de Santiago de Compostela da entidade paritaria de 08.00 a 15.00 horas e tamén incluirá unha parte de prácticas na propia empresa.

 

Para participar no curso, podes contactar coa Fundación Laboral de la Construcción nos teléfonos 981 980 688 ou ao 981 983 531 ou escribir un email a lveleiro@fundacionlaboral.org ou a orientacion.fundacion@fundacionlaboral.org.
Tamén podes inscribirte directamente na web da Xunta de Galicia.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ