900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de Galicia achega as oportunidades da industria da construción ás novas xeracións na Feira das Profesións 2026

Organizado polos institutos de Ames e Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, o evento é un referente para os 850 alumnos/as dos centros de secundaria do concello á hora de coñecer a oferta formativa e as saídas profesionais de oficios como o da construción

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participou na sétima edición da Feira das Profesións 2026 celebrada en Bertamiráns (A Coruña) co obxectivo de achegar as oportunidades da industria da construción a máis de 850 alumnos/as dos centros de secundaria do concello e ás súas familias. Organizado polos departamentos de orientación dos institutos de Ames e Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, o evento é xa un referente á hora de coñecer as ofertas formativas e saídas profesionais de oficios como o da construción. 

Simulador virtual de prevención de riscos

A Fundación contou cun espazo no que os/as técnicos/as da entidade paritaria en Galicia, Diego Vázquez e Lucía Espiño, achegaron as oportunidades de formación e emprego do sector. Entre as últimas innovacións formativas, mostraron o funcionamento dun simulador virtual que chamou especialmente a atención entre os/as asistentes.

Neste caso, as novas xeracións de estudantes puideron probar unha simulación adicada á Prevención de Riscos Laborais en obras de construción, específicamente, sobre a colocación de Equipos de Protección Individual (EPIs) e a detección de riscos en obra.

Formación nos oficios da construción

Ademais, tamén informaron aos estudantes e ás familias sobre as accións formativas que imparte a Fundación nos seus 6 Centros de Formación de Galicia, destacando os Certificados de Profesionalidade e a formación subvencionada dirixida aos oficios da construción.

Durante a xornada da mañá, acudiron ao evento o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Educación e Mocidade, Beatriz Martínez, e concelleiros/as do goberno municipal como Susana Señorís, Gustavo Nieto e Javier Antelo. 

O alcalde de Ames, Blas García, salienta a relevancia desta feira “como punto de partida fundamental para que a mocidade poida orientar o seu futuro profesional e descubrir saídas laborais que, doutro xeito, poderían non ter considerado.”

Tamén asistiron persoeiros do eido educativo e profesional, como a decana da facultade de Ciencias Políticas, Marta Lois, ou o Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. Xa na sesión de tarde, clausuraron o evento o alcalde de Ames, Blas García; a Directora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez; e os/as directores/as do IESP de Ames e o IES do Milladoiro, Marisol Louro Lestón e David Ponte Iglesias.

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ