A Fundación Laboral de Galicia asinará coa Deputación de Ourense un convenio para facilitar o transporte ao Centro de Formación de Vilamarín
Así o anunciou José Manuel Baltar Banco, presidente da Deputación de Ourense, na reunión que mantivo hoxe con representantes da Fundación Laboral a nivel nacional e de Galicia, dos sindicatos UGT-FICA e CCOO do Hábitat, así como da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO)
-
Pola esquerda, Julio Gil Iglesias, Santiago Ferreiro Pérez, Diego Vázquez Reino, José Manuel Baltar Blanco, Alejandra Gesto Montes e Javier Carreiro Vázquez. -
José Manuel Baltar Banco, presidente da Deputación de Ourense, á súa chegada ao Centro de Formación da Fundación Laboral en Vilamarín (Ourense). -
José Manuel Baltar Banco, presidente da Deputación de Ourense, con representantes da Fundación Laboral a nivel nacional e de Galicia, dos sindicatos UXT-FICA e CCOO do Hábitat, así como de ACO. -
Os participantes na reunión durante a súa visita aos talleres do Centro de Vilamarín.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia asinará coa Deputación de Ourense un convenio para facilitar o transporte público dos alumnos ao seu Centro de Formación de Vilamarín (Parque empresarial Vilamarín. Vial 4. Parcela A, 32101 (Ourense). Así o anunciou José Manuel Baltar Banco, presidente da Deputación de Ourense, na reunión que mantivo hoxe con representantes da Fundación Laboral de la Construcción (FLC) a nivel nacional e de Galicia, dos sindicatos UGT-FICA e CCOO do Hábitat, así como da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO).
Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia da FLC, Alejandra Gesto Montes e Javier Carreiro Vázquez, vicepresidencias do Consello Territorial de Galicia da FLC; Julio Gil Iglesias, director xeral da FLC e Santiago Ferreiro Pérez, presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) trasladaron aopresidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, as necesidades da industria na provincia. Ao igual que no resto de Galicia, o sector da construción en Ourense está demandando man de obra para conseguir relevo xeracional nasempresas e tamén se enfronta ao encarecemento e a falta de suministro de materiais.
O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel BaltarBlanco, fixo este anuncio tras reiterar o apoio deste organismo para “profesionalizar o sector”. Neste sentido, o presidente do Consello Territorial de Galicia da FLC, Diego Vázquez Reino, destacou a importancia da inversión pública no ámbito local xa que “axuda a potenciar un sector como o da construción que necesita seguir crecendo”.
Pola súa parte, o director xeral da Fundación Laboral de la Construcción, Julio Gil Iglesias, agradeceu a implicación da Deputación de Ourense para “conseguir que cada día máis xente se forme como man de obra do sector”.
Alejandra Gesto Montes, vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, destacou o programa “Constrúate para incorporar xente nova e mulleres ao sector”. De igual forma, Javier Carreiro Vázquez, vicepresidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, resaltou que é un “momento crucial para un sector estratéxico que crea postos de traballo”.
A construción emprega en Ourense a máis de 8.000 persoas
A construción emprega na provincia de Ourense a 8.047persoas traballadoras, que supoñen o 10,38% do total de 77.530 afiliados/as á Seguridade Social no sector en Galicia en xaneiro de 2022, que son 2.892 máis que a principios de 2021.
A industria de Ourense necesitará incorporar ao redor de 400 traballadores cualificados para cubrir as xubilacións e o persoal novo co fin de asumir a carga de traballo das empresas. Mentres que, a nivel de toda Galicia, estímase que o sector necesite incorporar ao redor de 3.693 novos/astraballadores/as cualificados/as.
O acto rematou cunha visita ao Centro de Formación da FLC en Vilamarín (Ourense) que cada ano forma, de media, a máis de mil traballadores/as do sector.