900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de Galicia únese á campaña 'Ti elixes' da Xunta para rachar estereotipos na incorporación de mulleres á construción

A entidade paritaria ofrecerá 43 charlas en 12 centros educativos de Galicia no marco da campaña Ti elixes, financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que ten como finalidade o fomento da presenza feminina en sectores masculinizados.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participa na campaña Ti Elixes que ten como finalidade o fomento da presenza feminina en sectores masculinizados, a través de 43 charlas a alumnado de 12 centros de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

Esta campaña, financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, busca "favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres." 

As charlas de Fundación Laboral serán impartidas por Chus Quintáns, técnica da entidade paritaria en Galicia e Maruxa Barros, profesional do sector especializada en traballos verticais que tamén é docente da Fundación Laboral.

Sesións divulgativas en 12 centros educativos de Galicia

As sesións, que durarán unha hora aproximadamente, ofreceranse durante o mes de novembro nos seguintes centros educativos de Galicia: CPI de Bembibre (Val do Dubra), IES de Curtis (Curtis), IES Macías o Namorado (Padrón), IES Terra de Trasancos (Narón), IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES Félix Muriel (Rianxo), CPI Dr. López Suárez (Friol), CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús (Ourense), CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense), IES Monte Carrasco (Cangas), IES As Barxas (Moaña) e IES Marco do Camballón (Vila de Cruces). 

Sectores como a construción, a madeira, o mar, o metal ou as TIC son aos que vai dirixida esta campaña que pon o énfase na importancia de escoller o rumbo profesional en función das motivacións, das habilidades, das capacidades e da actitude de cada persoa, desbotando a crenza de que non poida haber mulleres en sectores tradicionalmente ocupados por homes.

A través dunha serie de vídeos, a campaña mostra a experiencia de mulleres que traballan nestes sectores entre as que figura Maruxa Barros, especialista de traballos en altura ou Iria García, soldadora que tamén traballou como formadora na Fundación Laboral de Galicia.

A materia pendente da incorporación da muller á industria da construción

A construción necesita incorporar man de obra para cubrir a xubilación dos preto de 1.700 profesionais que se retiran cada ano. Mulleres e xente nova son dous dos perfís menos presentes no sector e que, precisamente por iso, máis se necesitan. Aínda que a presenza de mulleres no sector aumentou en postos técnicos e administrativos, hoxe en día seguen sen integrarse nos oficios da construción, nun momento no que non hai cuestións obxectivas polas que as mulleres non poidan desenvolver a súa carreira profesional a pé de obra como carpinteiras, fontaneiras, electricistas, pintoras ou soldadoras.

Segundo os datos de 2021 do Observatorio Industrial da Construción, hai 6.216 mulleres traballando no sector en Galicia, que representan o 8,4% do total dos ocupados da industria na comunidade e o 5% do total de mulleres empregadas en construción.

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia está traballando en proxectos para impulsar a incorporación de mulleres á industria da construción como Construíndo en Feminino, un programa en colaboración coa Fundación "la Caixa", que conseguiu o 43,7% de inserción laboral das participantes.

 

Mira aquí o vídeo de presentación da campaña Ti Elixes na canle de YouTube da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 
Tamén podes ver o vídeo de Maruxa Barros, especialista de traballos en altura e docente da Fundación Laboral de Galicia.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ