900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia formou o ano pasado a máis de 6.700 profesionais, un 6 % máis que en 2022

A entidade paritaria, formada por CNC, CCOO del Hábitat e UGT FICA, presentou a súa Memoria de actividades "Somos futuro. Somos construción"

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia formou durante 2023 a un total de 6.767 profesionais da construción, un 6 % máis que en 2022; impartiu 834.971 horas de formación, un 2,5 % máis con respecto ao ano anterior, e desenvolveu 670 cursos, un 0,8% máis que en 2022. No ámbito nacional, a Fundación Laboral de la Construcción logrou superar a cifra das 100.000 persoas formadas ao ano. Concretamente, formou durante 2023 a un total de 103.424 profesionais da construción, un 9,7% máis que en 2022, a través da impartición de 5.341.348 horas de formación nos 11.959 cursos realizados.

Estas son as cifras que acaba de presentar o Patronato da entidade paritaria do sector, formado pola Confederación Nacional de la Construcción (CNC), CCOO del Hábitat, e a Federación de Industria, Construcción y Agro de UGT (UGT FICA), dentro da Memoria anual de actividades correspondente ao ano 2023, e que leva como título ‘Somos futuro. Somos construción’, dispoñible en formato dixital, a través da url: https://memoria2023.fundacionlaboral.org

Datos por provincia

En relación aos datos por provincia, de maior a menor número de alumnado formado, a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia formou en A Coruña a un total de 3.105 alumnos/as, a través de 317 cursos e 420.000 horas; en Pontevedra formou a 2.121 alumnos/as, en 200 cursos cun total de 152.904 horas; en Ourense foron 814 alumnos/as, en 81 cursos cun total 129.138 horas; e en Lugo formouse a 679 alumnos/as, en 68 cursos, cun total de 131.608 horas. Por último, na modalidade de teleformación rexistráronse 47 alumnos/as, en 4 cursos, cun total de 1.170 horas.

O máis solicitado: prevención de riscos laborais

O perfil da persoa que se cualificou na Fundación Laboral de Galicia en 2023 é: home (89,9 %), de 46 a 55 anos de idade (27 %), ocupado (61,7 %). A porcentaxe de extranxeiros/as situouse nun 24 %, a maioría procedentes de América Latina (13,4 %) e África (5 %).

En relación aos cursos máis demandados polas persoas profesionais do sector en Galicia, o 48,5 % do alumnado elixiu formación relacionada coa prevención de riscos laborais (PRL), fronte a un 48,1 % que optou por unha especialización en Oficios e profesións do sector, e un 3,4 % que se decantou por materias transversais de Xestión de empresas e proxectos. A modalidade formativa elixida pola maioría do alumnado é presencial (87,3 %).

Os títulos dos cursos máis elixidos en Galicia foron “Nivel Básico de Prevención en Construción” (16,9 % do total do alumnado formado), “Seguridade nos Traballos Temporais en Altura: Requisitos, Equipos e Técnicas Fundamentais” (3,8 %) e “PRL para Traballos de Albanelería” (3,4 %). As temáticas de Oficios máis solicitadas foron: "Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG" (2,0 %), "Operacións con Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal. Categorías 1ª, 1B, 3A e 3B (1,7 %) e "Carretillas Elevadoras de Mástil con Carga en Voladizo (Tipo 4) e de Alcance Variable ou Brazo Telescópico (Tipo 5)" (un 1,7 %).

Mención aparte merecen os cursos online gratuítos (MOOC, acrónimo en inglés de Massive Online Open Courses), de curta duración, sobre diversas materias relacionadas coa innovación e as boas prácticas no sector. Dende que, en 2016, a Fundación Laboral de la Construcción puxera a disposición dos/as profesionais e empresas do sector estas accións, xa son máis de 60 os cursos ofertados e preto de 135.000 as inscricións realizadas; 18.862 delas correspondentes a 2023. Os cursos en aberto máis demandados son: “Actuación xeral en caso de emerxencia nas obras de construción. 1ª Parte” (664 alumnos/as), “Metodoloxía BIM: conceptos básicos e aplicación na fase de deseño” (604), “Seguridade laboral en obras de construción menores” (578) e “A domótica e a xestión integrada dos sistemas na vivenda” (558).

A atracción de talento novo é un dos maiores retos aos que se enfronta o sector. Por iso, dende a Fundación Laboral de la Construcción séguese apostando firmemente pola Formación Profesional como vía de incorporación da xente nova ao mercado laboral. A través de programas educativos eminentemente prácticos e actualizados ás demandas das empresas, en 2023 formáronse 578 persoas, en máis de 500.000 horas de Formación Profesional en 51 cursos, conseguindo altos niveis de inserción laboral.

Máis de 17.000 visitas a obra

En 2023, a Fundación Laboral realizou 17.537 visitas de asesoramento a pe de obra, co obxectivo de orientar en materia preventiva a traballadores/as e empresas. Delas, un total de 17.026 (un 97,1%) foron realizadas a través da financiación do Organismo Paritario para a Prevención na Construción (OPPC). O resto estiveron financiadas por diferentes gobernos autonómicos: 411 polo Goberno de A Rioxa, e 100 polo de Cantabria. Así mesmo, o OPPC organizou o ano pasado 31 xornadas, en diferentes puntos do territorio nacional, ás que asistiron 720 persoas, para informalas e achegarlles as novidades en materia de prevención de riscos laborais.

O portal de referencia en seguridade e saúde da construción, Línea Prevención, tras 19 anos dende o seu lanzamento, é un servizo de referencia en contidos e recursos gratuítos para profesionais e empresas. O portal rexistrou máis de 260.000 visitas web (un 37% máis que o ano anterior). En 2023, o seu servizo gratuíto de asesoramento en PRL (900 20 30 20) logrou atender 11.325 consultas telefónicas (un 20,8% máis que en 2022).

Outro piar da Fundación Laboral é o emprego. A web Construyendoempleo.com é o portal de referencia e punto de encontro entre persoas e empresas do sector que en 2023 lanzou a App Construyendoempleo, unha aplicación que tivo preto de 3.500 descargas e que permite publicar ofertas de emprego e acceder ás mesmas dende o seu dispositivo móbil en calquera lugar. En 2023, o portal publicou 8.231 vacantes, rexistrou 5.685 candidatos/as, e alcanzou as 1.204 empresas rexistradas. O total de candidatos/as inscritos/as nas ofertas chegou ás 24.899 persoas. O perfil máis demandado polas empresas foi o de Albanel/a, Xefe/a de obra, Encargado/a de obra, Guindastrista e Condutor/a de maquinaria e Peón/a. O profesional que rexistrou no portal de emprego é home (82,5%), de máis de 46 anos de idade (63%), e en situación de desemprego (85,5%).

A entidade paritaria tamén dispón de servizos de orientación laboral como Axencia de Colocación en 32 Centros de Formación repartidos por toda España. En 2023 atendeuse a case 9.000 persoas, das cales 311 lograron a inserción laboral no sector, un 52% máis que en 2022. Así mesmo, desenvolve programas de orientación específicos e integrais de formación en alternancia co emprego xunto a diferentes Administracións Públicas grazas aos cales se chegou a atender, no último ano, a 28.415 persoas.

Liderado en proxectos internacionais: sostibilidade e dixitalización

A entidad paritaria continúa ano tras ano ampliando a súa traxectoria internacional e sumando novas iniciativas no ámbito da formación e a prevención, para a transformación dun sector máis innovador, sostible e dixital.

Ao longo de 2023 continuouse coa execución de 11 proxectos europeos -con 164 institucións internacionais de 35 países-, dos que 6 deles foron liderados pola Fundación Laboral de la Construcción. Estas iniciativas están centradas na diagnose, na observación e no seguimento das necesidades de competencias a escala nacional e europea, para unha formación profesional de calidade que poida facer fronte aos retos da transición ecolóxica e dixital do sector.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ