A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia intégrase na Rede de Centros Asociados de Formación para o Emprego da Xunta de Galicia
A entidade paritaria abre a convocatoria de 540 prazas, dirixidas a persoas desempregadas, para 36 cursos da familia profesional de "Edificación e Obra Civil" que se impartirán entre outubro de 2025 e xullo de 2026
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de integrarse por primeira vez na Rede de Centros Asociados de Formación para o Emprego da Xunta de Galicia.
O acordo marco, que terá unha duración de 2 anos, foi concedido á entidade paritaria pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e está financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Ao abeiro desta adxudicación, a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia abre a convocatoria de 540 prazas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas.
En total, ofértanse 36 cursos de 10 accións formativas incluídas na familia profesional de "Edificación e Obra Civil" que se impartirán entre os meses de outubro de 2025 e xullo de 2026.
Certificados de Profesionalidade de Edificación e Obra Civil