A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia achega os seus proxectos de emprego á subdelegada do Goberno en A Coruña
O xerente do Consello Territorial de Galicia da entidade paritaria, Fernando García Novo, reuniuse onte coa subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas, e co xefe da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno na Coruña, Julio Simón, para abordar o programa de inserción laboral do colectivo de persoas migrantes no sector da construción que está a impulsar a entidade paritaria en Galicia.
-
Visita da subdelegada do Goberno en A Coruña e do xefe da Oficina de Estranxeiría á sede de Fundación Laboral en Santiago. -
Visita da subdelegada do Goberno en A Coruña e do xefe da Oficina de Estranxeiría á sede de Fundación Laboral en Santiago. -
Visita da subdelegada do Goberno en A Coruña e do xefe da Oficina de Estranxeiría á sede de Fundación Laboral en Santiago.
O xerente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, Fernando García Novo, reuniuse onte coa subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas, e co xefe da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno na Coruña, Julio Simón, para abordar os proxectos de emprego da entidade paritaria en Galicia, entre os cales, afondaron no programa de inserción laboral do colectivo de persoas migrantes para cubrir postos cunha alta demanda no sector da construción.
Durante a visita, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou a importancia do contacto directo e da colaboración permanente entre institucións para favorecer a integración laboral das persoas migrantes.
Neste sentido, María Rivas felicitou á Fundación Laboral polo seu traballo, que serve para dar resposta ás demandas das empresas galegas e, ao mesmo tempo, ofrecer oportunidades de desenvolvemento profesional a persoas migrantes. “É xente que vén traballar e nós precisamos cada vez máis esa man de obra, por iso é polo que o traballo de entidades como a Fundación Laboral da Construción sexa hoxe máis necesario que nunca”, apuntou.
Cambios no Regulamento de Estranxeiría
O xerente de Fundación Laboral abordou coa subdelegada do Goberno e co xefe da Oficina de Estranxeiría os cambios que suporá a entrada en vigor do novo Regulamento de Estranxeiría o vindeiro 20 de maio. “Do que se trata é de simplificar os trámites para que as persoas migrantes poidan construír non só edificios, senón tamén un proxecto de vida”, sinalou Rivas.
A Fundación Laboral de la Construcción, coa que colabora a Subdelegación do Goberno, ofrece formación continua para traballadores en activo e tamén para novos traballadores que, na práctica totalidade, buscan obter certificados de profesionalidade que melloren a súa empregabilidade. A entidade tamén presta servizos de intermediación laboral e imparte cursos de seguridade e saúde laboral.
*Imaxes cortesía da Subdelegación do Goberno en A Coruña*.