Resultados e Conclusións do Estudo sobre Condicións de Seguridade e Saúde en Obras de Rehabilitación
Estudo financiado ao abeiro ORDE do 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2013.
Gracias ao programa levado a cabo pola Fundación Laboral de la Construcción, no que eran analizadas as Condicións de seguridade e saúde nas obras de restauración e rehabilitación, alcanzáronse conclusións que servirán de referencia para a mellora das condicións no sector.
No estudo foron analizadas as seguintes Consideracións:
Traballos Previos ao Comezo da Obra
- Consellos de Carácter Xeral
- Tomade datos, apertura de catas e colocación de testemuños
- Apeos, demolicións e outras medidas preventivas
- Toma de datos para o informe xeotécnico
- Xestión do Amianto
Traballos de Execución das Obras
- Implantación en Obra
- Cimentacións
- Sistemas Estruturais
- Interiores
- Fachadas
- Cubertas
- Instalacións
- Xestión de Residuos
No apartado de Conclusións, encontrámonos cas seguintes Recomendacións de Boas Prácticas:
- Uso de Contedores con lona para evitar a propagación do po
- Rego dos elementos a demoler, así como dos entullos
- Habilitación dunha zona específica para o almacenamento de residuos perigosos, quedando claramente sinalizada e separada dos residuos inertes
- Xestión correcta dos residuos de produtos químicos, incluíndo augas de lavado, disolventes, luvas, trapos, etc.
- Afastamento dos residuos dos sumidoiros e das arquetas
- Realización dos apeos e apuntamentos precisos, en caso de actuacións na estrutura do edificio
Neste enlace podes obter o díptico resumo de Boas Prácticas e Conclusións.
Se queres ver o informe na súa versión máis extensa, podes descargalo de este enlace.