900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Máis de 950 estudantes de 16 centros educativos de Galicia participaron na edición 2024 da Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola'

Concienciar ao alumnado sobre a importancia da Seguridade e da Saúde é o obxectivo da actividade que se desenvolveu en 55 sesións en colexios e institutos da comunidade, dende xuño ata decembro do ano pasado.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Máis de 950 estudantes de 16 centros educativos -colexios e institutos de ensino secundario- de toda Galicia participaron na edición 2024 da Campaña Seguridade e Saúde + Cerca da Escola, organizada por Fundación Laboral de la Construcción en Galicia.

O obxectivo desta actividade é concienciar e sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da Seguridade e a Saúde, establecendo similitudes entre os riscos que poidamos atopar no sector da construción e os perigos domésticos aos que se poñen expoñer no seu día a día.

Durante os meses de xuño e decembro do ano pasado desenvolvéronse 55 sesións en 16 centros educativos de toda Galicia: o Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío (Fene, A Coruña); o IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña); o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra); o IES Politécnico de Vigo (Pontevedra); o IES A Cachada (Boiro, A Coruña); o CIFP A Xunqueira (Pontevedra); o CIFP Porta da Auga (Viveiro, Lugo); o CIFP Cantería de Galicia (Poio, Pontevedra); o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra); o IES Ricardo Mella (Vigo, Pontevedra); o IES Indalecio Pérez Tizón (Tui, Pontevedra); o CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra); o CIFP A Farixa (Ourense); o CIFP Politécnico de Lugo; o IES Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra) e o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra).

Exemplos prácticos sobre os principais riscos e a súa prevención

Durante a actividade, o alumnado puido familiarizarse coas obras de construción, coñecendo os riscos máis habituais da industria e das técnicas de prevención, tales como medidas organizativas, medios de protección colectiva e Equipos de Protección Individual (EPIs) a través de exemplos prácticos que requeriron a súa participación activa e dun kit de sensibilización.

A Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola' forma parte das actividades realizadas polo Organismo Paritario para la Prevención en la Construcción (OPPC), creado para prestar apoio en materia preventiva ás pequenas e medianas empresas do sector e enmarcado no Convenio Xeral do Sector da Construción, ao igual que a Fundación Laboral de la Construcción, con quen comparte os ámbitos territoriais, funcionais e de actuación.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ