Nova Oferta de Emprego na Fundación Laboral de la Construcción de Vigo
Oferta de emprego incluída na Convocatoria de Subvencións para o fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo 2021.
A Fundación Laboral de la Construcción de Vigo inicia o procedemento para a selección e contratación dun Técnico de Formación/Orientación Laboral.
A Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, realiza esta convocatoria de fomento do emprego. O Concello de Vigo colabora no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.
Información da Oferta:
Funcións e Perfil:
Posto de Traballo: 1 Técnico de Formación/Orientación Laboral.
Convenio Colectivo Aplicable: Convenio Provincial da Construción da provincia de Pontevedra.
Xornada Laboral: Tempo Completo
Centro de Traballo: Fundación Laboral de la Construcción, Vigo
Tempo de contratación: 3 meses e 11 días (dende o 19/04/2021 ao 31/07/2021).
Requisitos xerais:
- Estar empadroado no Concello de Vigo con data anterior a 01/01/2020
- Constar como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Posuir o perfil para o posto solicitado.
Outros requisitos:
- Formación: Estudos Universitarios.
- Formación complementaria: orientación laboral, prospección laboral, formación para o emprego, prevención de riscos laborais.
- Valorarase experiencia profesional en prospección/orientación laboral, formación para o emprego ou construción.
Presentación de candidaturas:
Procedemento: Remitir a candidatura (coa documentación referida) por correo electrónico ao enderezo ccoloret@fundacionlaboral.org
Documentación precisa para participar no proceso:
DNI, Currículum Vítae actualizado, Tarxeta de demanda de emprego actualizada, Certificado de Empadroamento.
Prazo de Presentación de Candidaturas: entre o 9 e o 15 de abril de 2021.
Data de Selección de Candidatos: 16 de abril de 2021.
Data de Incorporación: 19 de abril de 2021.
Máis Información:
Fundación Laboral de la Construcción de Vigo
Camiño da Raposeira, 24. 36214 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986 980 425 / 986 980 417