900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

O sector da construción en Galicia xerou en 2021 un valor engadido bruto de 4.073,5 millóns de euros, que representa o 6,5% do PIB

O emprego situouse o ano pasado nos 77.300 postos de traballo segundo recolle o informe de Seguimento e análise da construción que publica o Instituto Galego de Estatística con datos do primeiro trimestre de 2022.

Noticia del sector

O sector da construción en Galicia xerou en 2021 un Valor Engadido Bruto (VEB) de 4.073,5 millóns de euros, o que representa o 6,5% do Produto Interior Bruto (PIB), segundo recolle o Instituto Galego de Estatística (IGE) no seu informe de Seguimento e análise da construción. Primeiro trimestre de 2022.

O emprego no sector situouse nos 77.300 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o 7,6% do total. A produtividade aparente do sector empeorou no 2021 un 11,6% pola diminución da actividade (-2,4%) fronte ao forte incremento do emprego (10,4%).

Debido á contracción da actividade económica provocada pola COVID-19, a construción rexistrou unha caída do VEB do 12,6% en 2020 en Galicia e do 14,5% no conxunto de España. No ano 2021 o PIB rexistrou taxas positivas tanto en Galicia como en España, o que non sucede co VEB da construción, que rexistra unha caída do 2,4% en Galicia e do 3,4% en España.

Compravenda de viviendas, en crecemento positivo

Por outra parte, a compravenda de vivendas presentou en 2021 unha taxa de crecemento positiva. O número de compravendas efectuadas sobre vivendas da Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad do INE acada un incremento do 28,7% no 2021, despois da redución do 11,1% no ano 2020. Outros indicadores relacionado coa demanda, como o tipo de xuro e o número total de hipotecas, tamén favoreceron o desempeño da actividade residencial.

Porén, as licenzas de obra concedidas polos concellos e os visados de dirección de obra dos Colexios de arquitectos rexistraron un descenso da actividade no ano 2021. A actividade da edificación non residencial indica un mellor comportamento que no ano anterior nas licenzas e peor comportamento nos visados. Mentres que, segundo os datos de superficie a construír de licenzas, o ano 2021 rexistrou un avance do 5,1%, despois dun descenso no ano anterior do 4,0%; a información dos visados indica que a superficie a construír decreceu un 49,5% no 2021 mentres que en 2020 amosou un crecemento do 45,6%.

Por outra parte, o importe licitado no 2021 polas administracións en construción (edificación e enxeñería civil) en Galicia creceu un 50,9%, segundo os datos do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Unha subida causada maiormente pola licitación en obra civil, que supuxo o 81,7% do total, cun aumento do 83,4%; as obras de edificación, que supuxeron o 18,3% da actividade licitadora das administracións, decreceron un 15,6% respecto ao ano anterior.

Podes descargar este informe sobre a evolución do sector no primeiro trimestre de 2022 na web do Instituto Galego de Estatística.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ