Reunión da Federación Galega da Construción coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na Fundación Laboral de Santiago
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou a licitación en decembro de obras públicas por máis de 150 millóns de euros durante a reunión mantida co presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, e cos responsables das distintas asociacións provinciais, celebrada na sede da Fundación Laboral da Construción de Galicia en Santiago
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Federación Galega da Construción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou a licitación en decembro de obras públicas por máis de 150 millóns de euros para o mes de decembro. Así o asegurou na súa intervención durante a reunión mantida co presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, e cos responsables das distintas asociacións provinciais, durante a celebración da súa xunta directiva na sede da Fundación Laboral da Construción de Galicia en Santiago de Compostela.
Incremento dos presupostos nun 19%
Acompañada do delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, subliñou que o propio informe desta federación acredita que a Xunta foi practicamente a única Administración que incrementou a licitación este ano en Galicia. Neste sentido, trasladoulle ao sector o compromiso de seguir por ese camiño en 2021.
Sinalou que esta aposta da Xunta se traduce nun incremento de case o 19% dos presupostos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o que implica un importante aumento da capacidade de investir en obras.
Citou actuacións estratéxicas como o impulso do Hospital de Montecelo, o Centro Integral de Saúde de Lalín, que se licitarán nos vindeiros días, ou a execución do Novo CHUAC.
Sumou ás instalacións sanitarias, as obras para continuar vertebrando o territorio, cunha partida de preto de 40 millóns de euros destinada á continuación de vías de altas prestacións como a Vía Ártabra, Tui-A Guarda, Nadela-Sarria, Costa da Morte, Costa Norte, ou AG-59.
Pola súa parte, o presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, agradeceu o compromiso da Xunta coa licitación de obra pública, xa que pode "axudar a materializar postos de traballo" e a "mellorar a competitividade" da industria.