A compravenda de vivendas en Galicia cae un 11,6% en maio na comparativa interanual
A comunidade galega rexistrou 2.068 operacións, o cal supón un incremento do 7,26% se o comparamos co mes de abril, segundo publica o Instituto Nacional de Estadística (INE).
Europa Press
A compravenda de vivendas en Galicia caeu un 11,6% en maio na comparativa interanual. A comunidade galega rexistrou 2.068 operacións, o cal supón un incremento do 7,26% se o comparamos co mes de abril, cando a cifra se quedou en 1.928 segundo acaba de publicar o Instituto Nacional de Estadística (INE).
Do total de operacións rexistradas, 1.597 foron de vivenda usada e 521 de vivenda nova, mentres que 1.997 foron vivendas libres e 71, protexidas. A provincia da Coruña encabeza a compravenda cun total de 892 vivendas (231 novas e 661 usadas); seguida por Pontevedra, con 598 operacións (73 vivendas novas e 184 usadas); Lugo con 321 compravendas (61 novas e 260 usadas); e Ourense, con 257 (73 novas e 184 usadas).
Do total de vivendas, ademais das 2.068 compravendas realizadas, houbo 36 donacións, 5 permutas, 976 vivendas transmitidas por herdanza e outras 1.033 transmitidas por outras vías.
As hipotecas redúcense un 10,2% en maio
Tamén se reduciu o número de hipotecas constituidas sobre vivendas, que baixou un 10,2% interanual en Galicia no mes de maio ata sumar 1.548 préstamos, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Sobre o total de fincas, as operacións ascenderon a 2.035 na comunidade galega: 55 hipotecas sobre fincas rústicas e 1.980 sobre urbanas Delas, 1.548 corresponderon a vivendas, 16, a solares e 416 doutro tipo.