900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de Galicia achega as oportunidades da industria da construción ás novas xeracións na Feira das Profesións 2025

Os institutos de Negreira, Brión, Bertamiráns e O Milladoiro reuniron a máis de 1.400 asistentes neste evento, celebrado en Negreira (A Coruña), e dirixido a difundir as distintas ofertas formativas e saídas profesionais como os oficios da construción.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participou na Feira das Profesións 2025 celebrada en Negreira (A Coruña) co obxectivo de achegar o sector ás novas xeracions de estudantes e ás súas familias. Organizado polos departamentos de orientación dos institutos de Negreira, Brión, Bertamiráns e O Milladoiro, o evento recibiu a máis de 1.400 mozos/as que puideron coñecer as distintas ofertas formativas e saídas profesionais como os oficios da construción. 

Un obradoiro práctico e un simulador virtual 

A Fundación contou cun expositor e cun obradoiro práctico na entrada á feira. No stand interior, os/as técnicos/as Diego Vázquez e Lucía Espiño da entidade paritaria en Galicia achegaron as oportunidades de formación e emprego do sector. Entre as últimas innovacións formativas, mostraron o funcionamento dun simulador virtual que chamou especialmente a atención entre os/as asistentes.

Neste caso, as novas xeracións de estudantes puideron probar unha simulación adicada á Prevención de Riscos Laborais en obras de construción, específicamente, sobre a colocación de Equipos de Protección Individual (EPIs) e a detección de riscos en obra.

Formación nos oficios da construción

Ademais, tamén informaron aos estudantes e ás familias sobre as accións formativas que imparte a Fundación nos seus 6 Centros de Formación de Galicia, destacando os Certificados de Profesionalidade e a formación subvencionada dirixida aos oficios da construción.

Na zona exterior, o docente da Fundación Laboral de Galicia Constantino Carou, realizou na zona do taller unha demostración práctica no que ensinou aos estudantes os usos do ladrillo en construción.

A subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas, xunto o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, visitaron a feira e tamén aproveitaron para probar o simulador da Fundación Laboral e interesáronse polo taller de construción. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ