900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de Galicia asinará coa Deputación de Ourense un convenio para facilitar o transporte ao Centro de Formación de Vilamarín

Así o anunciou José Manuel Baltar Banco, presidente da Deputación de Ourense, na reunión que mantivo hoxe con representantes da Fundación Laboral a nivel nacional e de Galicia, dos sindicatos UGT-FICA CCOO do Hábitat, así como da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO)

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia asinará coa Deputación de Ourense un convenio para facilitar o transporte público dos alumnos ao seu Centro de Formación de Vilamarín (Parque empresarial Vilamarín. Vial 4. Parcela A, 32101 (Ourense). Así o anunciou José Manuel Baltar Banco, presidente da Deputación de Ourense, na reunión que mantivo hoxe con representantes da Fundación Laboral de la Construcción (FLC) a nivel nacional e de Galicia, dos sindicatos UGT-FICA e CCOO do Hábitat, así como da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO).

Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia da FLC, Alejandra Gesto Montes e Javier Carreiro Vázquez, vicepresidencias do Consello Territorial de Galicia da FLC; Julio Gil Iglesias, director xeral da FLC e Santiago Ferreiro Pérez, presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) trasladaron aopresidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, as necesidades da industria na provincia. Ao igual que no resto de Galicia, o sector da construción en Ourense está demandando man de obra para conseguir relevo xeracional nasempresas e tamén se enfronta ao encarecemento e a falta de suministro de materiais. 

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel BaltarBlanco, fixo este anuncio tras reiterar o apoio deste organismo para “profesionalizar o sector”. Neste sentido, o presidente do Consello Territorial de Galicia da FLC, Diego Vázquez Reino, destacou a importancia da inversión pública no ámbito local xa que “axuda a potenciar un sector como o da construción que necesita seguir crecendo”.

Pola súa parte, o director xeral da Fundación Laboral de la Construcción, Julio Gil Iglesias, agradeceu a implicación da Deputación de Ourense para “conseguir que cada día máis xente se forme como man de obra do sector”. 

Alejandra Gesto Montes, vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, destacou o programa “Constrúate para incorporar xente nova e mulleres ao sector”. De igual forma, Javier Carreiro Vázquez, vicepresidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, resaltou que é un “momento crucial para un sector estratéxico que crea postos de traballo”. 

A construción emprega en Ourense a máis de 8.000 persoas

A construción emprega na provincia de Ourense a 8.047persoas traballadoras, que supoñen o 10,38% do total de 77.530 afiliados/as á Seguridade Social no sector en Galicia en xaneiro de 2022, que son 2.892 máis que a principios de 2021.

A industria de Ourense necesitará incorporar ao redor de 400 traballadores cualificados para cubrir as xubilacións e o persoal novo co fin de asumir a carga de traballo das empresas. Mentres que, a nivel de toda Galicia, estímase que o sector necesite incorporar ao redor de 3.693 novos/astraballadores/as cualificados/as.

O acto rematou cunha visita ao Centro de Formación da FLC en Vilamarín (Ourense) que cada ano forma, de media, a máis de mil traballadores/as do sector.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ