A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia achega a industria da construción ás novas xeracións de estudantes na Feira das Profesións
Celebrada onte en Ames (A Coruña) polos departamentos de orientación do IES Plurilingüe de Ames e os IES de Brión e Xulián Magariños de Negreira, a cita serviu para dar a coñecer o sector así como a oferta formativa da entidade paritaria en Galicia
-
Pola dereita, Ana Golpe, Lucía Veleiro, Diego Vázquez e Tino Carou no stand da Feira das Profesións. -
Un dos alumnos que probaron o simulador virtual no stand da Fundación na Feira das Profesións de Ames. -
Un dos alumnos que probaron o simulador virtual no stand da Fundación na Feira das Profesións de Ames. -
O docente da FLC de Galicia Tino Carou no obradoiro práctico sobre o uso do ladrillo. -
O stand interior da Fundación Laboral de la Construcción ofrecía información sobre a oferta formativa da entidade en Galicia.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participou onte na Feira das Profesións celebrada en Ames (A Coruña) co obxectivo de achegar o sector ás novas xeracions de estudantes e ás súas familias. Organizada polos departamentos de orientación do IES Plurilingüe de Ames e os IES de Brión e Xulián Magariños de Negreira, a Feira das Profesións achegou á mocidade dos institutos e ás familias dos tres concellos unha mostra das ofertas formativas e campos profesionais ao seu dispor.
Un obradoiro práctico e un simulador virtual
A Fundación contou cun stand e cun obradoiro práctico na entrada á feira. No stand interior da feira, un equipo da Fundación Laboral formado pola responsable de Medio Ambiente e Calidade e Técnico de Prevención, Ana Golpe Pereira; o responsable territorial de Seguridade e Saúde Laboral e Emprego, Luis Vázquez de Soto; o técnico de Emprego e Seguridade e Saúde, Diego Vázquez Pombo e a orientadora laboral Lucía Veleiro Ferreiro mostraban as últimas innovacións formativas nas súas aulas como un simulador virtual.
Neste caso, os estudantes puideron probar unha simulación adicada á Prevención de Riscos Laborais en obras de construción, específicamente, sobre a colocación de Equipos de Protección Individual (EPIs) e a detección de riscos en obra.
Neste espazo exterior, o docente da Fundación Laboral de Galicia, Tino Carou, realizou na zona do taller unha demostración práctica no que ensinou aos estudantes os usos do ladrillo en construción.
Accións formativa da FLC Galicia
Ademais, tamén informaron aos estudantes e ás familias, que tamén participaron na sesión da tarde, sobre as accións formativas que imparte a Fundación nos seus 6 Centros de Formación de Galicia, destacando os Certificados de Profesionalidade e a formación subvencionada.
A Fundación Laboral emprega este simulador como recurso didáctico, dixital e innovador como unha mellora cualitativa aplicada na formación práctica dos seus cursos.