A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acolle o II Curso de Formación de Instaladores de estruturas de madeira contralaminada
A entidade paritaria organiza, xunto co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e o Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), este curso que terá lugar os próximos días 26, 27, 28 e 29 de xuño no Centro de Santiago de Compostela de Fundación Laboral.
O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, xunto coa Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e o Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), organizan o II Curso de Formación de Instaladores de estruturas de madeira contralaminada que terá lugar os próximos días 26, 27, 28 e 29 de xuño no Centro de Santiago de Compostela de Fundación Laboral.
Os obxectivos da formación é formar na xestión e montaxe de obras de CLT (madeira contralaminada) de forma que os alumnos sexan capaces de interpretar a documentación técnica do proxecto, planificar a súa execución dispoñendo dos materiais, ferramentas e medios auxiliares necesarios, así como as medidas de protección de saúde necesarias para realizar a súa montaxe, coñecendo os detalles construtivos necesarios para acometelos con éxito na obra.
A formación ten un marcado carácter práctico, buscando a excelencia das estruturas resultando un produto final de calidade e garantías dunha montaxe acorde ás especificacións do proxecto.
Impartirase, de maneira presencial, en catro sesións: os días 26, 27, 28 e 29 de xuño de 2023, nas instalacións do Centro de Santiago de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia. Os horarios distribuiranse do seguinte xeito: o 26 de xuño, de 10:00 a 18:00 horas e do 27 ao 29 de xuño, de 09:30 e 18:00 horas.