900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e Cerámica Campo asinan un convenio de colaboración para impulsar o emprego no sector

Ambas entidades traballarán en accións conxuntas para impartir formación sobre os produtos da empresa, centrada na fabricación de materiais de construción en cerámica e formigón, así como na organización de visitas formativas aos seus catro centros de produción en Galicia

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e a empresa Cerámica Campo asinaron un convenio de colaboración dirixido a impulsar a inserción laboral e o emprego no sector da construción. 

Fernando García Novo, xerente da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, e Gonzalo Souto Blázquez, representante de Cerámica Campo, asinaron na sede da entidade paritaria en Santiago de Compostela un acordo de colaboración dirixido a impartir formación sobre os produtos da empresa, centrada na fabricación de materiais de construción en cerámica e formigón, así como na organización de visitas formativas aos seus catro centros de produción en Galicia.

Apoio á formación e ao desenvolvemento sostible

Ambas entidades comprométense a traballar en conxunto para impulsar o programa de apoio á formación Campo Sementa de Cerámica Campo, dirixido á promoción de "accións baseadas na difusión do coñecemento e na formación teórico-práctica co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento sostible das esferas económica, social e ambiental da sociedade e das súas comunidades locais, así como do medio natural e construído e do tecido produtivo nos sectores da construción e da industria".

Cerámica Campo: catro plantas industriais en Galicia

Cerámica Campo fabrica materiais de construción (cerámica e prefabricados de formigón) dende 1940. Na actualidade, conta con catro plantas industriais e explotacións mineiras para a extracción de arxilas de alta calidade nas localidades de Villalonga, en Sanxenxo (Pontevedra); Lendo, en Laracha (A Coruña) e Albixoi, en Mesía (A Coruña).

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ