900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia intégrase na Rede de Centros Asociados de Formación para o Emprego da Xunta de Galicia

A entidade paritaria abre a convocatoria de 540 prazas, dirixidas a persoas desempregadas, para 36 cursos da familia profesional de "Edificación e Obra Civil" que se impartirán entre outubro de 2025 e xullo de 2026

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de integrarse por primeira vez na Rede de Centros Asociados de Formación para o Emprego da Xunta de Galicia.

O acordo marco, que terá unha duración de 2 anos, foi concedido á entidade paritaria pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e está financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Ao abeiro desta adxudicación, a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia abre a convocatoria de 540 prazas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas.

En total, ofértanse 36 cursos de 10 accións formativas incluídas na familia profesional de "Edificación e Obra Civil" que se impartirán entre os meses de outubro de 2025 e xullo de 2026. 

Certificados de Profesionalidade de Edificación e Obra Civil

Operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción. Ourense (outubro 2025); Santiago (novembro 2025, febreiro e marzo 2026); Vigo (abril 2026).
Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas. Santiago (novembro 2025, marzo e xuño 2026); Ourense, Arteixo e Lugo (novembro 2025).
Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Lugo e Santiago (novembro 2025); Arteixo (novembro 2025 e abril 2026); Vigo (novembro e decembro 2025); Ourense (xaneiro e abril 2026).
Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos. Vigo (novembro 2025 e xuño 2026); Ourense (maio 2026). 
Pintura decorativa en construción. Santiago (novembro 2025); Vigo (febreiro 2026); Lugo (abril 2026).
Operacións de formigón. Lugo (marzo 2026).
Encofrados. Vigo (abril 2026).
Fábricas de albanelería. Arteixo (abril 2026); Santiago (maio 2026); Lugo (xuño 2026)
Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Santiago de Compostela (xuño 2026). 
Montaxe de estadas tubulares. Santiago de Compostela (xullo 2026).

 

Infórmate e inscríbete na web de cursos subvencionados de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, envíanos un WhatsApp ao 683 138 458 ou déixanos os teus datos e contactarémoste.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ