900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia ofrece preto de 600 prazas de formación subvencionada para persoas desempregadas

Xa está aberta a inscripción para 42 cursos subvencionados e gratuítos incluídos dentro da convocatoria 2024-2025, financiados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. 

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de lanzar preto de 600 prazas de formación subvencionada a través de 42 cursos subvencionados e gratuítos, dirixidos a persoas desempregadas, que se iniciarán proximamente nos Centros de Arteixo, Narón, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo.

A formación inclúese na ORDE do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2024-2026, e realízase a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (código de procedemento TR301K), convocada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Entre os cursos ofertados, figura a formación máis demandada do sector da construción, como albanelería, fontanería, electricidade, carpintería, soldadura, instalacións solares térmicas ou revestimentos continuos en construción.

As prazas son limitadas. A continuación, figura a información sobre cada curso e os centros que os imparten:

 

Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Centro de Arteixo (dúas edicións en decembro 2024), Santiago (dúas edicións en decembro 2024 e maio 2025), Lugo (decembro 2024) e Vigo (decembro 2024).
Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión. Centro de Narón (novembro 2024) e Santiago (xaneiro 2025). 
Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo "MIG/MAG". Centro de Arteixo (novembro 2024), Santiago (decembro 2024 e maio 2025), Vilamarín (abril 2025) e Lugo (decembro 2025).
Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible, soldeo "TIG". Centro de Narón (novembro 2024), Santiago (decembro 2024) e Vilamarín (novembro 2024). 
Soldadura por arco con electrodo revestido. Centro de Arteixo (abril 2025), Santiago (maio 2025), Narón (xaneiro 2025) e Vilamarín (xaneiro 2025).
Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas. Centro de Arteixo (dúas edicións: novembro 2024 e abril 2025) e Santiago (dúas edicións: novembro 2024 e abril 2025). 
Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Centro de Vigo (dúas edicións: decembro 2024 e marzo 2025)
Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas. Centro de Lugo (novembro 2024).
Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas. Centro de Arteixo (maio, 2025), Santiago (maio, 2025) e Lugo (xaneiro, 2025).
Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Centro de Lugo (febreiro, 2025).
Operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción. Centro de Lugo (maio 2025), Vigo (dúas edicións: novembro e decembro 2024) e Vilamarín (decembro 2024).
Operacións de fontanaría e calefacción-climatización doméstica. Centro de Lugo (febreiro 2025) e Vilamarín (dúas edicións en novembro 2024 e xaneiro 2025).
Operacións de formigón. Centro de Lugo (xaneiro 2025) e Vilamarín (febreiro 2025).
Fábricas de albanelería. Centro de Arteixo (maio 2025).
Traballos de carpintería e moble. Centro de Lugo (xaneiro 2025).

 

Se estás interesado/a nalgún dos cursos, déixanos os teus datos aquí e contactarémoste.

 

*Accións formativas impartidas pola Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e financiadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ