900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción en Galicia lanza a sexta edición de CONSTRÚATE para incorporar xente nova á industria

Máis de 65 mozos/as e máis de 35 empresas xa teñen participado neste proxecto da entidade paritaria dende que se iniciou en 2021.

 

Atraer a mulleres ao sector é un dos principais retos desta nova edición que comezará en xullo no Centro de Santiago de Compostela.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia lanza a sexta edición de CONSTRÚATE, unha exitosa aposta pola incorporación de persoal traballador novo á industria da construción, pola que xa pasaron máis de 65 mozos/as e 35 empresas do sector. Atraer a mulleres ao sector é un dos principais retos desta nova edición que comezará o próximo mes de xullo no Centro de Santiago de Compostela (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño). 

CONSTRÚATE é un proxecto da Fundación Laboral, iniciado en 2021, que ten como obxectivo a incorporación de traballadores/as de menos de 30 anos (inscritos/as como demandantes de emprego e sen experiencia no sector) a empresas do sector para traballar e formarse mediante un Contrato de Formación en Alternancia. 

Os/as mozos/as que queiran sumarse a CONSTRÚATE adquirirán experiencia laboral nunha empresa do sector durante 12 meses, remunerada e con cobertura social mais dereito a desemprego pero, ademais, obterán unha cualificación profesional en ocupacións moi demandadas actualmente. 

Niccolla, Samuel, Jacobo e Rubén, contentos coas súas experiencias

Niccolla León, de 21 anos, leva traballando dous anos e xa se sente integrado na empresa cos seus/súas compañeiros/as. Destaca que, mediante este tipo de Contrato de Formación en Alternancia, facilítase complementar a experiencia en obra coa formación: "O que non aprendes no traballo, apréndelo no taller e igualmente, o que non ves na aula, velo na obra", resalta.

Tamén están a rematar o seu segundo ano en CONSTRÚATE Samuel Carbia e Jacobo Rey que, con 18 e 19 anos, están contentos co seu paso polo programa. "Gústame a experiencia e recomendo que a xente nova veña aquí para enterarse do que é a construción", comenta Samuel. Entre as partes positivas, aparte de cobrar unha nómina, destaca que lle gusta ver como evoluciona a obra grazas ao seu traballo. 

Pola súa parte, Rubén Íñiguez, de 25 anos, tamén valora como "positiva" a súa experiencia en CONSTRÚATE. "Na Fundación Laboral, aprendes moitos campos do traballo en construción", sinala. Na súa opinión, recomendaría a outras persoas unirse ao proxecto porque "se necesitan moitos profesionais neste campo e a xente nova é o futuro do sector".  

Escayolas Compostela e Prace: "É unha vía para atopar man de obra e relevo xeracional"

Álvaro Iribarnegaray, socio de Escayolas Compostela, está contento cos resultados que está a ter a súa participación en CONSTRÚATE. "Temos a dous rapaces traballando con nós e fóronse adaptando ben ao traballo e á empresa, á vez que foron aprendendo e evolucionando. De feito, agora queremos que continúen a traballar con nós", asegura. 

Álvaro recomenda a outras empresas participar no proxecto para poder contratar a persoal cualificado. "Agora mesmo hai escaseza de man de obra e esta é unha vía para atopar a xente para traballar. Por un lado, traballan con nós e, por outro, fórmanse facendo cursos continuamente e iso é bo", afirma. 

"A demanda de persoal cualificado é moi importante para o sector", asegura Lucía Dopico, profesional do departamento laboral de Prace. Lucía valora especialmente a oportunidade que lles brinda CONSTRÚATE para contratar a xente nova e así "acadar o relevo xeracional que tanto necesitamos".  "É unha iniciativa que recomendaría á xente nova porque lles abre as portas ao mercado laboral, xa que consiguen unha experiencia que doutro xeito sería imposible e ás empresas porque é un modo de facer atractivo o noso oficio ás xeracións máis novas", destaca Lucía.

 

Atopa máis información na web de CONSTRÚATE.
Es traballador/a e gustaríache participar? Inscríbete aquí!
Es empresa e queres unirte? Apúntate aquí

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ