900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción oferta máis de 700 prazas de formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector

A entidade paritaria vai a impartir nos seus seis Centros de Galicia 12 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia vai a executar, mediante un convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, un total de 12 accións formativas, de carácter non formal, que ten por obxectivo a “cualificación e recualificación da poboación activa no sector da construción, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas do ramo e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial do sector”.

Dirixidas a persoas traballadoras en activo do sector da construción e/ou desempregados/as coa tarxeta de demanda de emprego en vigor, a entidade paritaria ofrece máis de 700 prazas ata finais de 2024 para participar nestas accións formativas, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. 

Estas accións formativas, de carácter non formal, están vinculadas a cualificacións profesionais incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Formación en maquinaria, oficios e prevención de riscos

As 12 accións formativas, para as que xa está aberta a inscrición, son as seguintes:

Carretillas elevadoras de mástil con carga en voladizo (Tipo 4) e de alcance variable ou brazo telescópico (Tipo 5) ata 10.000 Kg. Iniciación. Centros de Vigo e Vilamarín. 
Montador de prefabricados de formigón. Centro de Santiago de Compostela.
Nivel básico de prevención de riscos laborais en construción. Centros de Arteixo, Narón, Santiago, Vigo, Vilamarín e Lugo.
Operacións de minicargadora-miniescavadora. Centros de Vigo e Ourense.
Operacións de montaxe de instalacións eléctricas de baixa tensión en edificios. Centro de Arteixo.
Operador de guindastre-torre. Centros de Arteixo, Vigo e Lugo.
Operador de PEMP. Tipos 1A-1B-3A e 3B. Centros de Arteixo, Narón, Santiago, Vigo, Lugo e Vilamarín.
Prevención de riscos derivados das condicións de seguridade. Centros de Arteixo, Santiago, Vigo, Lugo e Vilamarín.
PRL para traballos de albanelería, encofrado e operadores de vehículos e maquinaria de movemento de terras. Centros de  Narón, Vigo e Vilamarín.
Procedementos e técnicas de acceso e posicionamento mediante cordas (traballos verticais). Nivel I. Centros de Arteixo e Vigo.
Teoría de albanelería de fábricas e cubertas. Centro de Arteixo.
Traballos con risco de exposición a amianto. Centros de Arteixo, Santiago e Vigo.

 

Consulta as accións formativas e solicita máis información na web de cursosenconstruccion.com ou ponte en contacto directamente cos Centros de Formación de Fundación Laboral en Galicia:

WhatsAPP FLC Galicia: 683 13 84 58
Centro de Arteixo: mvecino@fundacionlaboral.org / 981 995 097 
Centro de Narón: lcaneiro@fundacionlaboral.org / aperez@fundacionlaboral.org / 981 980 630 ou 981 980 631
Centro de Lugo: bfernandez@fundacionlaboral.org / 982 750 038 
Centro de Santiago: rcalvo@fundacionlaboral.org / 981 983 536 
Centro de Vigo: pvasconcellos@fundacionlaboral.org / mgracia@fundacionlaboral.org / 986 980 427 ou 986 980 424
Centro de Vilamarín: cvazquez@fundacionlaboral.org / 988 750 707 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ