A Fundación Laboral de la Construcción participa o 4 de marzo na 'V Feira de Orientación académica e profesional' do Concello de Oleiros
Dirixido ao alumnado de formación profesional, educación secundaria e Bacharelato, o evento celebrarase no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz pola mañá, para centros educativos e pola tarde, para público xeral.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participa este mércores, 4 de marzo, na 'V Feira de Orientación académica e profesional' organizada polo Concello de Oleiros (A Coruña) no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz (Praza Arsenio Iglesias, 6, 15179 Oleiros, A Coruña), e dirixida ao alumnado de formación profesional, educación secundaria e Bacharelato.
A entidade paritaria de Galicia informará ás novas xeracións de estudantes e ás súas familias sobre a oferta formativa e as saídas profesionais que ofrecen os distintos oficios da construción. Ademais, o stand -ubicado no posto 12- ofrece a posibilidade de probar un simulador virtual adicado á Prevención de Riscos Laborais en obras de construción, específicamente, sobre a colocación de Equipos de Protección Individual (EPIs) e a detección de riscos en obra.
Máis de 650 alumnso e alumnas visitarán a feira
Durante a mañá, de 9.30 a 13.30 horas, máis de 650 alumnos e alumnas dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por mestres e orientadores, visitarán a feira en distintas quendas. Pola tarde, de 15:00 a 17.00 horas, o evento abrirá ás súas portas a todo o público interesado.
Este encontro está organizado polo Concello de Oleiros en colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria existentes no concello, IES Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.