900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

As axudas para a rehabilitación enerxética de vivendas de Galicia poderán solicitarse a partir do 2 de xaneiro de 2021

As subvencións, que só se poderán presentar por medios telemáticos, destinarase a mellorar a envolvente térmica de edificios e vivendas, o uso de enerxías renovables ou mellorar as instalacións de iluminación.

Noticia del sector

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres, 6 de novembro, a Resolución do programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios en Galicia na que se recolle que o prazo para presentar as solicitudes comezará o 2 de xaneiro e prolongarase ata o 31 de xullo. 

Estas axudas proceden do Programa estatal, de carácter plurianual, para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes. No caso de Galicia, esta liña de incentivos dispón dun orzamento de case 17 millóns de euros, que serán xestionados por primeira vez polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). 

Neste sentido, o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) decidiu repartir os fondos dispoñibles para esta liña de incentivos entre as comunidades autónomas e que foran estas as encargadas de proceder á convocatoria das mesmas, tal e como establece o Real Decreto 737/2020 do 4 de agosto, polo que se regula o programa de axudas.

As solicitudes só se poderán realizar de forma telemática

Os interesados en solicitar estas subvencións só poderán solicitalas de xeito telemático a través da web da Xunta de Galicia. Poderán beneficiarse os propietarios de vivendas unifamiliares ou de edificios residenciais así como de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios; as comunidades de persoas propietarias o as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, así como as persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non houberan outorgado o título constitutivo de Propiedade Horizontal.

Segundo se recolle na Resolución publicada no DOG, subvencionaranse tres tipos de actuacións: de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, aquelas que teñen entre os seus obxectivos reducir a demanda enerxética; de uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e das instalacións de iluminación, é dicir, as luminarias, lámpadas y equipos; sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de acendido e regulación do nivel de iluminación.

Axudas para mellorar a eficiencia enerxética

Para o cálculo da contía subvencionable terá unha axuda base e unha adicional, que se determinará en base a tres criterios, como os criterios sociais (actuacións que se realizan en edificios de vivenda de protección pública; actuacións en inmobles emprazados en áreas de rehabilitación), a eficiencia enerxética e que se trate dunha actuación integrada (aplicarase a porcentaxe adicional cando se realizan simultaneamente dúas ou más tipoloxías de actuación).

Por último, as axudas deste programa son compatibles con outras axudas concedidas para o mesmo fin sempre que non se supere o custe da actuación e as outras axudas concedidas non conten con cofinanciamento de Fondos Europeos. Nese sentido, o IGVS destinará un orzamento estimado de dous millóns de euros á liña de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e accesibilidade en vivendas, recollidas no Programa de fomento da mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas Plan 2018-2021.

Os formularios para solicitar estas axudas están dispoñibles nos Anexos da Resolución publicada no DOG.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ