Nova Oferta de Emprego na Fundación Laboral de la Construcción de Vigo 2022
Oferta de emprego incluída na Convocatoria de Subvencións para o fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo.
A Fundación Laboral de la Construcción de Vigo inicia o procedemento para a selección e contratación dun Técnico de Formación / Orientación Laboral.
A Concellería de Cultura e Emprego do Concello de Vigo realiza esta convocatoria de fomento do emprego.
Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, coa finalidade de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía.
Información da oferta:
Posto de traballo: 1 Técnico de Formación / Orientación Laboral.
Convenio Colectivo Aplicable: Convenio Provincial da Construción da provincia de Pontevedra.
Xornada Laboral: Tempo completo.
Centro de Traballo: Fundación Laboral de la Construcción de Vigo.
Tempo de contratación: 4 meses e 23 días (dende o 07/03/2022 ao 31/07/2022).
Requisitos para a presentación da candidatura:
- Estar empadroado no Concello de Vigo, cando menos desde o 1 de xaneiro de 2021.
- Constar como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Posuir o perfil para o posto solicitado.
Outros requisitos:
Formación: Estudos Universitarios.
Formación complementaria: orientación laboral, prospección laboral, formación para o emprego, prevención de riscos laborais.
Valorarase experiencia profesional en prospección/orientación laboral, formación para o emprego ou construción.
Presentación de candidaturas:
Procedemento: Remitir a candidatura (coa documentación referida) por correo electrónico o enderezo ccoloret@fundacionlaboral.org
Documentación precisa para participar no proceso:
- DNI.
- Currículum Vítae actualizado.
- Tarxeta de demanda de emprego actualizada
- Certificado de Empadroamento.
Prazo de presentación de candidaturas: entre o 22 de febreiro e o 02 de marzo do 2022.
Prazo de valoración de candidaturas: do 22 de febreiro ao 02 de marzo do 2022.
Xunta da comisión de seguimento: 3 de marzo do 2022.
Peche do proceso selectivo e comunicación ás persoas seleccionadas: 4 de marzo do 2022.
Máis información:
Fundación Laboral de la Construcción de Vigo
Camiño da Raposeira, 24. 36214 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986 980 425/ 986 980 417