900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Preto do 80% das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego 2023-2024 de Fundación Laboral acadou a inserción laboral

Das 78 persoas que atoparon traballo, o 64%, é dicir, un total de 50, foron nos sectores de construción e afíns, axudando a paliar a falta de man de obra do sector.

 

Ademais, 32 das 50 que se inseriron no sector son persoas menores de 30 anos, polo que o proxecto axudou a paliar a remuda xeracional nunha industria moi envellecida.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

78 das 100 persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia 2023-2024, que rematou en novembro do ano pasado, acadaron a súa inserción laboral. Desta maneira, a entidade partitaria de Galicia supera amplamente o obxectivo de inserción mínimo comprometido, situado no 45%. 

Das 78 persoas que atoparon traballo, o 64% -é dicir, un total de 50- foron en construción e afíns, axudando a paliar a falta de man de obra do sector. Ademais, de entre as 50 persoas inseridas en construción, 32 son menores de 30 anos, polo que o proxecto axudou a paliar a remuda xeracional nunha industria moi envellecida.

Mellora da empregabilidade con formación e intermediación laboral 

Formar en oficios e prevención de riscos laborais en construción e traballar a intermediación laboral directa co tecido empresarial para mellorar a empregabilidade é a finalidade do programa, dirixido a persoas desempregadas das comarcas de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. 

O Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia 2023-2024, concedido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), dirixiuse a 19 persoas no Centro de Arteixo, 31 no Centro de Santiago e 50 no Centro de Vigo.

As persoas participantes contaron cun acompañamento e intermediación para asesoralas e orientalas sobre as oportunidades de formación e emprego que mellor encaixan coas súas situacións persoais e profesionais. Para iso, as empresas do sector achegáronse aos Centros de Fundación Laboral coa fin de coñecer e entrevistar ás persoas participantes, xuntanzas da cales saíron algunhas contratacións.

Máis de 850 horas de formación relacionada co sector

O programa incluiu máis de 850 horas de formación baseada no Catálogo de Especialidades Formativas do SEPE e relacionada co sector da construción, para preparar ás persoas participantes en montaxe de estadas, instalación de revestimentos, SATE ou Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP). Ademais cada participante dispuxo dunha bolsa de asistencia de 10€/día así como medidas de conciliación.

Na actualidade, a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia ten en marcha un novo Programa Integrado de Emprego 2024-2025, concedido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e que conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) e no que participarán 100 persoas. 

A finalidade deste tipo de programas é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. 

 

A convocatoria correspóndese coa ORDE do 14 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Programas Integrados de Emprego de Galicia, e convócanse para o ano 2023. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ