900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

100 persoas desempregadas participarán no novo Programa Integrado de Emprego de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción 2026-2027

A formación a desenvolver durante o programa terá relación co sector da construción, unha industria con gran expansión e alta demanda de man de obra en Galicia e nas comarcas de Arteixo, Narón, Lugo e Santiago de Compostela. 

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de concederlle á Fundación Laboral de la Construcción a posta en marcha dun Programa Integrado de Emprego de Galicia, que conta co financiamento da Xunta de Galicia e do Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).

As actividades realizaranse nos Centros que a Fundación Laboral de la Construcción ten nos concellos de Arteixo, Narón, Lugo e Santiago de Compostela. 

Concretamente, búscase incorporar persoas desempregadas dos seguintes colectivos:

  • Menores de 30 anos desempregados/as: 40 prazas.
  • Perceptores/as de prestacións: 20 prazas.
  • Migrantes: 40 prazas.

A formación a desenvolver durante o programa estará baseada no Catálogo de Especialidades Formativas do SEPE e terá relación co sector da construción, unha industria de gran expansión e con alta demanda de persoas traballadoras en Galicia e nas comarcas de Arteixo, Narón, Lugo e Santiago de Compostela.

Formación para o emprego

As persoas participantes poderán acceder a accións formativas orientadas á mellora da súa empregabilidade e adaptadas ás necesidades detectadas no mercado laboral e nas empresas colaboradoras.

  • Accións formativas relacionadas coa construción sostible, a rehabilitación e a eficiencia enerxética dos edificios.
  • Formación en prevención de riscos laborais asociada aos distintos oficios da construción e aos contidos esixidos pola normativa e polos convenios colectivos do sector.
  • Formación en medios auxiliares empregados habitualmente nas obras de construción, incluíndo traballos en altura, montaxe de estadas, manexo de plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) e carretillas elevadoras.
  • Outras accións formativas orientadas á adquisición, actualización e mellora das competencias profesionais demandadas polas empresas colaboradoras e adaptadas aos perfís das persoas participantes.

Bolsas e medidas de conciliación

Ademais cada participante terá á súa disposición un servizo de orientación laboral e realizaranse accións de prospección de emprego e intermediación con empresas.

Como apoio e favorecer a asistencia a accións, dispoñerase dunha bolsa de asistencia de 10€/día e medidas de conciliación:

  • Flexibilidade horaria nas actuacións individuais.
  • Adaptación das actuacións ás necesidades de conciliación das persoas participantes.
  • Apoio á asistencia de persoas con menores ou dependentes ao seu cargo mediante servizos externos cando sexa necesario.
  • Transporte colectivo para a asistencia ás accións do programa cando proceda.

 

Un 85% acadou os obxectivos de inserción na última edición

A finalidade deste tipo de programas é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. O obxectivo de inserción é do 45%.

Na última edición realizáronse máis de 712 horas de Formación do Catálogo de Especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal non vinculada a certificados de profesionalidade e o 85% das persoas participantes acadaron os obxectivos de inserción laboral, segundo datos da entidade paritaria.

A presente convocatoria correspóndese coa Orde do 9 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento TR332A). Consulta aquí a convocatoria.

 

Para inscribirte, podes contactar no teléfono 981 98 35 46, no correo electrónico dvazquez@fundacionlaboral.org deixando datos de contacto e localidade de residencia ou ben a través do seguinte formulario.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ