900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción lanza o programa 'RenÓbrate' xunto coa Xunta de Galicia para incorporar a 80 persoas ó sector

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, destacou a aposta do Goberno galego por impulsar unha “formación flexible e conectada coa realidade laboral do territorio que precisa man de obra para integralo no sector da construción”.

 

Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia de FLC remarcou que “é unha iniciativa moi importante e positiva que nos serve para reverter a dinámica de falta de persoas traballadoras na industria e incorporar profesionais con alta cualificación”

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia presentou hoxe o programa experiencial de formación e emprego 'RenÓbrate' impulsado coa Xunta de Galicia, e en colaboración cos concellos de Arteixo, O Carballiño, Sanxenxo e Santiago de Compostela -a través do Consorcio de Santiago-, e que está dirixido á cualificación profesional e á inserción laboral de 80 persoas desempregadas no sector da construción. 

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, que estivo acompañado por Zeltia Lado Lago, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, agradeceu a dispoñibilidade da entidade paritaria á hora de levar adiante este programa que responde á aposta do Executivo galego por unha “formación flexible e conectada coa realidade laboral do territorio que precisa man de obra para integralo no sector da construción”.

Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia de FLC, puxo en valor a “receptividade” da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración á hora de impulsar proxectos como 'RenÓbrate'. “É unha iniciativa moi importante e positiva que nos serve para reverter a dinámica de falta de persoas traballadoras na industria e incorporar profesionais con alta cualificación”, remarcou. Na súa opinión, este tipo de programas permite “recuperar o tecido laboral” á vez que se dan “pasos importantes para mellorar a capacidade produtiva do sector da construción”.

Javier Carreiro Vázquez, vicepresidente do Consello Territorial de Galicia de FLC, tamén se felicitou polo programa xa que “axuda a solucionar a escaseza de man de obra” e animou ao alumnado-traballador de 'RenÓbrate' presente no acto: “Se vos esforzades e cualificades espéravos un bo futuro, é importante formarse para ter unha boa saída laboral”.

Alejandra Gesto Montes, vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia de FLC, defendeu a necesidade de “dotar ao sector de diversidade e enriquecelo con xente que ven doutros países como Brasil, Mali ou Ecuador”. Referíndose directamente ás persoas participantes no programa, indicoulles que “estamos orgullosos de contar con vós, a FLC é a vosa casa e esperamos que, ao rematar a formación, vos sirva para quedar no sector que conta cun convenio e condicións laborais reguladas”. 

José Rafael Castro-Gil Seijas, alcalde en funcións do Concello de O Carballiño, interveu en representación dos concellos adheridos ao programa para salientar que, cando recibiron a proposta de participar en 'RenÓbrate' “abrímoslle as portas porque nos parece unha iniciativa moi boa, xeradora de emprego e que axuda a mellorar espazos públicos do concello á vez que soluciona o problema que temos á hora de facer obras ao non atopar man de obra cualificada en construción”.

Tamén asistiron ao acto José Carlos Calvelo Martínez, alcalde do Concello de Arteixo; Xesús Manuel Domínguez Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras do Concello de Santiago de Compostela; Yago Torres Pérez, concelleiro de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos do Concello de Sanxenxo; Santiago Ferrreiro Pérez, Miguel Caruncho Campanario, Ángelez González González e Ricardo Santos Reiriz, vogais do Consello Territorial de Galicia de FLC e Juan José Couce Prego, director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na provincia de A Coruña, entre outras autoridades.

Un progrma piloto con 80 participantes

‘RenÓbrate’ é un programa piloto, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e que está dirixido á cualificación profesional e á inserción laboral de persoas desempregadas no sector da construción. Durante 9 meses, as 80 persoas participantes -20 en cada concello adherido- combinarán formación teórico-práctica e experiencia profesional realizando actuacións de mellora de espazos públicos nos concellos que colaboran co programa: Arteixo, O Carballiño, Sanxenxo e Santiago de Compostela, a través do Consorcio de Santiago.

A Fundación Laboral de la Construcción formaliza un contrato de formación en alternancia coas persoas participantes no programa, cunha actividade laboral práctica que non supera o 65% da súa xornada laboral. O obxectivo final é que o 60% do alumnado participante -un total de 48 persoas- formalice, no prazo máximo de dous meses dende a finalización do programa, un contrato de traballo durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas do sector relacionadas coas materias impartidas: reformas, pintura, albanelaría, pavimentos, obra civil, pedra/cantería ou ocupacións conexas.

Itinerarios: Edificación e Obra civil e Industrias Extractivas

A iniciativa combina formación teórica e práctica nas familias profesionais de Edificación e Obra civil así como Industrias Extractivas, en tarefas de demolición, revestimento, tabiquería ou pavimentación, entre outras, para dar resposta á demanda de perfís polivalentes no sector da construción de Galicia.

Os 4 proxectos inclúen 510 horas de formación agás o do Consorcio de Santiago en colaboración co Concello de Santiago que será de 502 horas. No Concello de Arteixo, as persoas participantes realizarán traballos de reformas e pintura de locais de uso público municipal, incluíndo acabados, pavimentación interior e reparación de mobiliario urbano.

Nos concellos de O Carballiño e Sanxenxo, o alumnado traballador centrarase en tarefas de albanelería e pavimentos urbanos, mediante a reforma e acondicionamento de locais municipais e actuacións en espazos públicos incluíndo pavimentos peonís exteriores e elementos complementarios de urbanización.

Finalmente, no Consorcio de Santiago en colaboración co Concello de Santiago, as persoas participantes implementarán traballos de obras en pedra e cantería centrados na rehabilitacion, reparación e acondicionamento de elementos de urbanización e mobiliario urbano en pedra.

O convenio asinado entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade paritaria de Galicia foi aprobado no Consello da Xunta e conta cun investimento de 1.890.208 euros para os anos 2026 e 2027. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ