900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e o Clúster da Madeira impulsan un curso de construción con entramado lixeiro de madeira

A formación subvencionada, está dirixida a persoal traballador en activo dos sectores da madeira e da construción.

 

A parte teórica impartirase a partir do 26 de setembro en modalidade online e as prácticas presenciais desenvolveranse do 23 ao 27 de novembro no Centro de Santiago de FLC Galicia

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, impulsan o curso 'Construción de Estruturas de Entramado Lixeiro de Madeira', unha formación especializada dirixida a mellorar as capacidades de técnicos/as e operarios/as -profesionais da arquitectura, enxeñería, carpintería, montaxe- en activo dos sectores da madeira e a construción. 

A formación subvencionada, iniciarase o vindeiro 26 de setembro coa parte teórica, que se impartirá en sesións online, mentres que as prácticas presenciais se desenvolverán do 23 ao 27 de novembro no Centro de Santiago de Compostela de Fundación Laboral de la Construcción en horario de 08.00 a 16.00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 25 de setembro ou ata completar as 16 prazas dispoñibles.

Formación teórica online e prácticas presenciais

O curso, de 55 horas de duración total, combinará 40 horas de formación presencial (24 de contidos teóricos e 16 de formación práctica) e 15 horas online dedicadas a igualdade de oportunidades, habilidades brandas (traballo en equipo, comunicación efectiva ou adaptabilidade e sostibilidade, entre outros) e os principios da New European Bauhaus. A formación online debe estar finalizada antes de iniciar a parte presencial. Poderá realizarse en calquera momento, dentro do periodo comprendido entre o 26 de setembro e o 23 de novembro. 

Esta acción formativa responde á necesidade crecente de contar con profesionais que conten con cualificación para traballar con sistemas construtivos en madeira e solucións industrializadas. Moito máis se temos en conta o contexto actual do sector da edificación, marcado pola descarbonización, a mellora da eficiencia enerxética e o pulo na utilización de materiais renovables e de proximidade. 

Elementos prefabricados de entramado lixeiro de madeira

O obxectivo principal do curso é capacitar a persoal técnico e operarios/as en activo en métodos innovadores para a elaboración de elementos prefabricados de entramado lixeiro de madeira e a súa utilización en estruturas destinadas a edificios de consumo enerxético case nulo. 

O persoal traballador adquirirá coñecementos para a fabricación e montaxe de elementos estruturais e cerramentos de entramado de madeira, afondarán nas características dos produtos e materiais empregos e coñecerán sistemas construtivos complementarios relacionados con cimentacións, illamento, revestimentos, carpinterías e acabados.

Das propiedades da madeira á súa posta en obra

O programa formativo abordará inicialmente as propiedades físicas e mecánicas da madeira e os principais produtos utilizados en construción. A partir desta base, traballará sobre a posta en obra de estruturas de entramado, incluíndo cimentación, replanteo, nivelación, trazado e conexión entre os cimentos e a estrutura. 

A formación afondará tamén nos diferentes tipos e compoñentes do entramado lixeiro de madeira, así como na interpretación de planos de montaxe e produción e nos principais detalles construtivos. O programa complétase con contidos relacionado con durabilidade e resistencia ao lume; parafusería e corrosión; solucións de estanquidade e acústica; e elementos de seguridade e saúde, incorporando tamén boas prácticas construtivas e a análise daqueles puntos críticos que deben terse especialmente en conta durante a execución.

Impulso á capacitación profesional en construción con madeira

Con esta formación, a Fundación Laboral de la Construcción e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia buscan "contribuír á especialización de profesionais capaces de responder ao crecemento da construción en madeira". A iniciativa pretende facilitar a incorporación de novos coñecementos e competencias técnicas que permitan aproveitar as posibilidades da madeira como material renovable e de proximidade e avanzar cara a modelos construtivos máis industrializados, eficientes e sostibles.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do Programa Emplea Verde+ da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

 

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ