900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Elevada inserción laboral das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de Galicia 2024-2025

O 84% das persoas participantes acadaron os obxectivos de inserción laboral, segundo datos da entidade paritaria.

 

O 63% -é dicir, un total de 53- atoparon traballo en construción e afíns, axudando a paliar a falta de man de obra do sector grazas ao proxecto financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

84 das 100 persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia 2024-2025, que acaba de finalizar, acadaron os obxectivos de inserción laboral, segundo datos da entidade paritaria. Desta maneira, a entidade partitaria de Galicia supera amplamente o obxectivo de inserción mínimo comprometido, situado no 45%. 

De acordo coa información proporcionada por Fundación Laboral de la Construcción, das 84 persoas que atoparon traballo, o 63% -é dicir, un total de 53- fixérono en construción e afíns, axudando a paliar a falta de man de obra do sector. Ademais, ao redor de 35 das 53 persoas insertadas en construción teñen 30 anos ou menos, polo que o proxecto contribuíu á remuda xeracional nunha industria moi envellecida e sen relevo. 

21 prácticas en empresas 

Formar en oficios e prevención de riscos laborais en construción e traballar a intermediación laboral directa co tecido empresarial para mellorar a empregabilidade é a finalidade do programa, dirixido a persoas desempregadas das comarcas de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. 

O Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia 2024-2025, concedido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), dirixiuse a 21 persoas no Centro de Arteixo, 29 no Centro de Santiago e 50 no Centro de Vigo.

As persoas participantes contaron cun acompañamento e intermediación para asesoralas e orientalas sobre as oportunidades de formación e emprego que mellor encaixan coas súas situacións persoais e profesionais. Para iso, as empresas do sector achegáronse aos Centros de Fundación Laboral coa fin de coñecer e entrevistar ás persoas participantes que finalmente realizaron 21 prácticas en empresas.

Máis de 860 horas de formación vencellada ao sector

O programa incluíu 866 horas de formación en 35 Especialidades Formativas do SEPE relacionadas co sector da construción tales como montaxe de estadas apoiadas; execución de paredes de ladrillo con revestimentos de placa de xeso; colocación de revestimentos continuos en fachadas; colocación de Sistemas de Illamento Térmico polo Exterior (SATE); operacións con plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) e formigón. 

Ademais cada participante dispuxo dunha bolsa de asistencia de 10€/día así como medidas de conciliación.

A finalidade deste tipo de programas é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. 

 

A convocatoria correspóndese coa ORDE do 11 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Programas Integrados de Emprego de Galicia, e convócanse para o ano 2024. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ