A sinistralidade laboral na construción de Galicia reduciuse un 16% en 2022
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia impulsará ao longo de 2023 un plan de choque de OPPC contra a accidentabilidade laboral no sector que incluirá 918 visitas a obras, 50 sesións de sensibilización en centros de educación secundaria de toda Galicia, 20 cursos de prevención de riscos laborais e 6 xornadas técnicas.
-
Pola esquerda, Alejandra Gesto, Demetrio Ángel Fernández, Diego Vázquez, Pablo García e Javier Carreiro. -
Asistentes á presentación do informe sobre sinistralidade laboral no sector e actividades de OPPC de Galicia. -
Pola esquerda, Luis Vázquez e Pablo García durante a presentación. -
Pola esquerda, José Puente, Luis Vázquez e Pablo García durante a xornada técnica. -
Obradoiro práctico impartido por José Puente de Layher España ao final da xornada técnica.
A sinistralidade laboral no sector da construción en Galicia baixou un 16% en 2022. É un dos datos do informe sobre a sinistralidade laboral no sector da construción en Galicia, que presentou hoxe o Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción (FLC) na súa Sede de Santiago de Compostela.
A pesar de sufrir un repunte en 2021 dun 10%, pasando dun índice de incidencia (número de accidentes en jornada de trabajo con baja ocurridos por cada cien mil trabajadores) de 5.472 en 2020 a un de 6.030, a tendencia é a reducirse, cun índice de incidencia de 5.210 en 2022, datos aínda non consolidados polo Ministerio de Traballo. Así figura no informe presentado por Luis Vázquez Soto, Responsable de Seguridade e Saúde Laboral do Consello Territorial de Galicia de FLC, no que se destaca que Galicia conta con 8.405 empresas inscritas na Seguridade Social segundo datos de 2022, representando o 23% do total de empresas (27.631).
Diego Vázquez Reino: “O noso compromiso é reducir a sinistralidade laboral”
Diego Vázquez Reino, Presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, resaltou que o compromiso do sector é “desterrar vellas prácticas e traballar para conseguir que os datos de sinistralidade sexan mellores”. “Son anos de moita actividade no sector e o noso reto é atraer a máis traballadores/s coa mellor formación”, asegurou Vázquez Reino.
Alejandra Gesto Montes, Vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, destacou que a construción é un sector que avanzou na senda da “modernización, a sostibilidade e a igualdade e debe ter a prevención de riscos laborais como eixe central para que os accidentes se reduzan”. Este ano, resaltou “decidimos poñen o punto de atención nas empresas medianas e pequenas nas que se concentran os accidentes máis graves para concienciar o máximo posible sobre os riscos laborais”.
Javier Carreiro Vázquez, Vicepresidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, recalcou que “a prevención de riscos laborais é prioritaria” e advertiu que “é necesario pensar en adaptala ás novas tecnoloxías para mellorar a súa efectividade no sector”. Destacou que este ano se lanzará un programa de visitas enfocado nas pymes, para conseguir mellorar a sinistralidade dun sector “estable e tractor da economía de Galicia”.
Demetrio Ángel Fernández y López, director territorial de Inspección de Traballo e Seguridade Social en Galicia, destacou que “a evolución da prevención de riscos laborais no sector é impresionante” nos últimos 25 anos nos que “a taxa de sinistralidade foi baixando, grazas, en boa parte, aos esforzos en prevención realizados pola Fundación Laboral”.
Pablo García Fernández do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) destacou a “colaboración da Fundación Laboral de la Construcción e o ISSGA para mellorar a seguridade e saúde laborais no sector da construción”.
Na xornada tamén participou José Puente González, responsable de Prevención e Calidade de Layher España, que impartiu un obradoiro práctico sobre montaxe de andamios.
Plan de choque OPPC con máis de 900 visitas a obras para frear a sinistralidade en 2023
O Organismo Paritario para a Prevención en Construción (OPPC) é unha entidade creada en 2001 que ten por obxectivo prestar axuda no ámbito da seguridade e saúde ás pequenas e medianas empresas de construción, que, polo seu tamaño, teñen maiores dificultades para xestionar a prevención.
Para tratar de reducir a elevada accidentabilidade no sector, a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia porá en marcha ao longo de 2023 un plan de choque de OPPC que incluirá 918 visitas a obras, 50 sesións de sensibilización en centros de educación secundaria de toda Galicia, 20 cursos de prevención de riscos laborais e 6 xornadas técnicas.
En 2022, o OPPC realizou 954 visitas a obras en toda Galicia e formou a 219 alumnos/as en 14 cursos de Prevención de Riscos Laborais. Ademais, tamén organizou 5 xornadas técnicas de seguridade e saúde ás que asistiron 96 persoas en Arteixo, Vigo, Santiago e Ourense, chegou a 778 estudantes en 32 sesións impartidas en centros educativos de toda Galicia para concienciar e sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da Seguridade e a Saúde.