900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivenda en Galicia aumenta un 3,3% en marzo

Estas cifras difundidas polo Instituto Nacional de Estadística (INE) contrastan coa baixada de operacións do 2,2% rexistrada a nivel nacional.

Noticia del sector

A compravenda de vivendas incrementouse un 3,3% no mes de marzo en Galicia respecto ao mesmo mes de 2025 chegando ás 2.239 operacións. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), estas cifras contrastan coa baixada do 2,2% rexistrada a nivel nacional ata as 61.295 operacións.

Do total de vivendas vendidas en Galicia no terceiro mes do ano, 553 eran novas (6,4% menos) e as usadas creceron case un 7%, ata as 1.686 unidades. A maioría eran vivendas libres, con 2.195, un 4,4% máis, e 44, protexidas, un 32% menos.

Por provincias, la compravenda de vivendas incrementouse en A Coruña algo máis dun 9%, ata 1.116 operacións. Pontevedra e Ourense tamén rexistraron aumentos do 4,9% e un 3,3%, respectivamente, con 686 e 218 unidades. Pola contra, en Lugo decreceu un 21,5%, ata 219 operacións.

Caen as operacións sobre vivendas novas

A nivel estatal, a compravenda de vivendas baixou en marzo un 2,2% respecto ao mesmo mes de 2025, ata un total de 61.295 operacións, lastrada polas operacións sobre vivendas novas. Co descenso rexistrado no terceiro mes do ano, a compravenda de vivendas encadea tres meses consecutivos de retrocesos despois de que en xaneiro e febreiro baixara un 5% e un 0,5%, respectivamente.

Este descenso é consecuencia da diminución das operacións sobre vivendas novas, que caeron un 10,2% interanual, ata as 13.057 operacións. Pola contra, as compravendas realizadas sobre vivendas usadas creceron un 0,2%, ata as 48.238 operacións.

 

Consulta as estadísticas do INE na súa web.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ